En moitas ocasións o ritmo da nosa vida lévanos a desconectar de nós mesmas e mesmos. Practicar mindfulness pode axudar a ter un momento no que parar no día para conectar con nós, desde a calma e a actitude de non xulgarnos.
Para que isto pase podes:
- Reservar un momento no día. Podes comezar por cinco minutos e ir engadindo tempo se te sentes cómoda ou cómodo e ben.
- Durante eses cinco minutos concéntrate na respiración, sente como o aire entra e sae polo teu nariz, como o teu abdome se expande recibindo ese aire, e todos aqueles movementos que acompañan o acto mesmo de respirar.
- Presta atención as túas sensacións e emocións, que estás sentindo? Leva a respiración a aquelas zonas nas que notes máis tensión.
- Observa os teus pensamentos, sen agarrarte a ningún de maneira concreta, como si estiveses visualizando un ceo cheo de estrelas.
- Cando sintas que a túa mente é arrastrada por un pensamento, volve a traela ao momento presente cunha actitude amable e compasiva.
Esta actividade fará que teñas que adestrar a amabilidade e a compaixón contigo mesma e por suposto fomentará unha relación máis bonita contigo e co teu entorno.