Seguro que algunha vez escoitaches falar da síndrome da impostora. Un sentimento estreitamente relacionado co traballo e que afecta especialmente ás mulleres. Por iso, o noso consello de autocoidado é unha recomendación bibliográfica. Trátase do libro El síndrome de la impostora: ¿Por qué las mujeres siguen sin creer en ellas mismas?, de Elisabeth Cadoche y Anne de Montarlot, ediciones Península, febrero 2021.
O síndrome da impostora acuñárono en 1978 as psicólogas Pauline Rose Chance e Suzanne Innes. E, tal e como recollen Cadoche e de Montarlot no seu libro, refírese ao sentimento de impostura, cando as persoas pensan que as causas do seu éxito son unicamente externas, pero nunca aos seus propios méritos. Este sentimento contraponse á atribución dun éxito, como un logro profesional, a unha causa interna sobre a que temos control, por exemplo: fun competente e logrei este recoñecemento. Unha persoa con síndrome da impostora atribuiría ese éxito profesional a unha causa externa, como por exemplo, un erro da persoa que permitiu ese recoñecemento, pero nunca ao seu propio mérito.
No seu libro, detállase que as tres razóns principais desta síndrome nas mulleres son: a presión constante, a ausencia de representación de mulleres en postos de dirección e os estereotipos, difíciles de eliminar a pesar dos avances sociais. Como consecuencias desta síndrome, as escritoras enumeran: o burn-out (ou síndrome do traballador/a queimado), a procrastinación e unha vida profesional monótona, na que non se goza dos logros.
Neste libro, relatan como mulleres, que exteriorizan o éxito profesional e noutros ámbitos da súa vida, sofren este síndrome da impostora. Unha lectura na que reflexionar sobre a confianza en nós mesmas, o sentimento de dúbida sobre o noso potencial e en como a sociedade provoca que este sentimento apareza maioritariamente nas mulleres.