O autocoidado tamén está na organización do teu espazo de traballo. Tanto se teletraballas, coma se acodes á oficina, contar un espazo organizado é clave no teu autocoidado. Un espazo agradable pode axudar a reducir o estrés, aumentar a motivación e mellorar a concentración.
Alén das obrigas en materia laboral no que ao espazo de traballo se refire, hai algún trucos que si dependen de ti:
- Acostúmate a recoller o teu escritorio ao final de cada xornada laboral, así sempre estará recollido ao comezar cada día.
- Organiza os documentos físicos: Intenta reducir todo o que imprimes e, no caso de ter os documentos en papel, proba sistemas de organización que permitan atopalos rapidamente.
- Se teletraballas, habilita un espazo na túa casa para facelo. Non é necesario ter unha habitación enteira. Se tes pouco espazo, proba a destinar uns caixóns ao material de traballo e recolle sempre ao rematar a xornada.
- Asegúrate de que contas co material necesario, recorda que é obriga da empresa cumprir con certas medidas laborais.
- Organiza o teu espazo dixital: Ao igual que o espazo físico, o teu ordenador tamén poder ser un desorde. Pon orde nos teus arquivos e cartafoles dixitais para acceder a eles de forma máis eficiente.
- Fai o teu espazo máis agradable: pode parecer unha insignificante, pero unha pequena planta ou un ambientador que nos guste poden ser de gran axuda.
Pasamos moitas horas ao día no traballo, polo que é necesario crear un espazo agradable! Aínda que hai outros aspectos como o material ou o mobiliario de oficina que dependen do lugar onde traballemos, existen moitos outros que si dependen de nós. E recorda que se notas que non se cumpre con algunha das obrigas en materia laboral, podes comentalo no teu centro de traballo.