O deporte é unha excelente forma de autocoidado. Por iso, é recomendable buscar un oco no calendario semanal para practicar actividade física. Podes escoller calquera exercicio, desde camiñar ata practicar deportes de equipo, todos eles teñen beneficios para a túa saúde física e mental. Deixámosche algúns tips para incorporar a actividade física á túa axenda:
- Se non acostumas a facer deporte, empezar pode ser difícil. Pero recorda que calquera actividade física é mellor que nada. Podes empezar con algo tan simple como camiñar durante 30 minutos ao día.
- A miúdo, antepoñemos calquera outra tarefa sobre os momentos de autocoidado. Recorda a importancia do deporte e prioriza dedicarche este tipo de momentos. Aínda que só teñas 15 minutos, intenta camiñar nese rato ou algunha rutina dispoñible en Internet desa duración.
- Tamén é importante lembrar que o deporte debe ser divertido. Se non che gusta correr, non te forzas a facelo. Busca unha actividade física que che guste, xa sexa bailar, nadar, ou xogar ao tenis. Facer deporte con amigos ou en grupo tamén pode ser unha forma divertida de motivarte.