O COTSG participa na II Xornada da Rede Ética e Deontolóxica de Traballo Social (#REDts)
Data: Abril 18, 2024
Elena Gómez Fernández e María Rosario Capelo Casas, membros da Xunta de Goberno, participaron na II Xornada da Rede Ética e Deontolóxica de Traballo Social (#REDts) centrada na metodoloxía para a análise de casos prácticos.
A procura de criterios comúns desde a deontoloxía e a ética supón un paso para a excelencia profesional xa iniciado e presentado formalmente no último Congreso de Traballo Social celebrado neste mesmo ano.
A xornada centrouse no método deliberativo da toma de decisións ante dilemas éticos, máis polo miudo, traballando sobre o modelo deliberativo de Diego Gracia.
O Código Deontolóxico é un patrón moral e un documento vivo, polo que se tratou a necesidade de reformalo adaptándoo á lexislación vixente e ,posiblemente, a novas formas de entender o Traballo Social.
Seguimos evolucionando. Somos ética, compromiso e cientificismo. Somos Traballo Social.