1. Toma conciencia. Para, respira e presta atención a como te sentes. Tanto se che resulta agradable coma se  che desagrada, trata de conectar co que che sucede.
  2. Con calma! Se  é unha emoción difícil é moi intensa, respira! Sal a dar un paseo, a correr ou trata de distraerte un intre para poder volver a ti e velo todo máis claro.
  3.  Faite cargo. Tras identificar a emoción, non te xulgues, o importante é descubrir que motivos hai detrás, saber que necesitas e que podes facer para coidarche.
  4. A tristeza mira cara a dentro. Permíteche saber que é importante para ti. Podes liberala chorando ou acougala falando sobre iso cun ser querido.
  5. A rabia mostra os teus límites e aflora ante a inxustiza. Dáche unha forza moi valiosa se es capaz de transformala, de forma positiva, ante o que che dana.
  6. O medo protexe. Ás veces, avisa de inseguridades e experiencias pasadas que convén tratar e superar. En moitos casos, axuda a tomar medidas ou pedir axuda.
  7. A repulsa afástate do que che pode danar. Tamén che mostra as cousas que non queres na túa vida ou coas que non estás de acordo.
  8. A alegría motívate, ábrete á vida e ás relacións. Cultívaa fixándote en que che fai sentir ben e que fai felices a quen che rodea.
  9. Libera as túas emocións falando, cantando, bailando, facendo calquera actividade física ou artística. Se as escoitas e atendes, poderás xestionalas sen que te dominen.
  10. Son o teu guía interior. Sen emocións non sobreviviriamos, son os sinais do teu propio corpo, que te conectan coas túas experiencias e necesidades máis profundas.