As compoñentes da Comisión Deontolóxica do COTSG cesan no seu cargo cando remata o mandato da Xunta de Goberno que as nomeou. Unha vez rematado o proceso electoral e despois da toma de posesión da nova Xunta de Goberno, procedese á convocatoria para a renovación das súas compoñentes.
As persoas interesadas, tende en conta que se necesitan 10 anos de experiencia no ámbito do Traballo Social, en participar neste órgano fundamental da institución colexial, poden presentar as súas candidaturas ate o 31 de xullo de 2026.

