CAFARNAÚM

CAFARNAÚM

Beirut, Líbano. Zain é un neno de doce anos intelixente e valente, que sobrevive aos perigos das rúas da cidade grazas ao seu enxeño. Fuxindo dos seus pais, e facendo valer os seus dereitos, recorre á xustiza para demandarlles polo ‘crime’ de darlle a...
Matria

Matria

Este filme galego, do director Álvaro Gago, fala das mulleres fortes e poderosas a través da figura de Ramona (María Vázquez), no contexto dunha vila mariñeira galega e dos compases entre o traballo e a vida familiar.
Cinco Lobitos

Cinco Lobitos

Este filme español reflexiona sobre a figura da familia nas nosas vidas, así como do papel da maternidade. Unha película que analiza a maternidade dende o punto de vista de tres xeracións distintas: nai, filla e neta.  
Historias dun matrimonio

Historias dun matrimonio

Esta película pode servir de guía para saber o que hai que facer e o que hai que evitar custe o que custe durante o proceso de divorcio. E sobre todo, o importante que é o amor e o apoio, por encima de calquera outra cousa.
O neno que domou o vento

O neno que domou o vento

O tema principal da película é a supervivencia. Retrata a fame negra e a falta de recursos en moitos países, algo que tristemente non deixa de ser de actualidade. Isto fai que se dean diferentes problemas nas familias e nas comunidades e, ante iso, a cinta retrata...
Un monstro vén a verme

Un monstro vén a verme

O seu tema principal xira ao redor da morte.  Conor, o novo protagonista, enfróntase á grave enfermidade que está a acabar coa súa nai e, por tanto, co seu benestar emocional. Para facerlle fronte utiliza a fantasía, e só grazas a ela logra toparse coa realidade que...