Grupos de traballo · COTSG
Grupo de Traballo Social e Feminismos
O Grupo de Traballo Social e Feminismos está integrado por traballadoras sociais colexiadas comprometidas coa incorporación da perspectiva feminista ao exercicio profesional. A través do intercambio de coñecementos e experiencias, traballan conxuntamente para reflexionar sobre as desigualdades de xénero, visibilizar e reivindicar o papel do Traballo Social na defensa dos dereitos das mulleres e impulsar propostas e accións que contribúan á igualdade, á prevención das violencias machistas e á transformación social.
Obxectivos 2026–2027
- Promover accións de sensibilización feminista arredor do 25N e do 8M, a través de iniciativas de concienciación e reivindicación.
- Valorar a viabilidade da reactivación da quenda do COTSG, revisando a proposta elaborada anteriormente e estudando as posibilidades da súa posta en marcha.
- Reivindicar o papel do Traballo Social nos Centros de Información á Muller (CIM), promovendo o recoñecemento e a presenza destas profesionais nos servizos de atención ás mulleres.
- Avanzar na protección das vítimas nos edificios xudiciais, revisando os protocolos existentes e promovendo propostas que eviten o contacto entre as vítimas e os seus agresores durante os procedementos xudiciais.
- Fortalecer o tecido profesional feminista, promovendo encontros abertos a profesionais na primavera de 2027 e explorando a creación dunha rede de colaboración e intercambio que vaia máis alá das integrantes do propio grupo.
A través destas liñas de traballo, o grupo busca reforzar o compromiso feminista do Traballo Social, impulsar a incidencia profesional e contribuír á construción dunha sociedade máis igualitaria, xusta e libre de violencias machistas.
Quen integra o grupo?
O grupo está formado por profesionais colexiadas comprometidas co avance da perspectiva feminista no Traballo Social.
Ángela Pichel Quintas
Colex. 4549
Mª Teresa Souto Loira
Colex. 2942
Natalia Pazos Rodríguez
Colex. 1830
Carmen Fernández Dopazo
Colex. 3304
M. Cristina González López
Colex. 1347
Sabela Pérez Martín
Colex. 3966
