Grupo de Traballo Investigación
Durante o curso, o grupo continuará impulsando a investigación en Galicia, promovendo a colaboración entre profesionais e contribuíndo a visibilizar e fortalecer o papel investigador do Traballo Social. Nesta nova etapa, darase continuidade ás liñas de traballo iniciadas no curso anterior, revisando e actualizando os materiais elaborados e definindo novas accións para avanzar nos obxectivos compartidos
Liñas de traballo 2026-2027
Os principais obxectivos para este curso son:
- Visibilizar a investigación en Traballo Social en Galicia, identificando profesionais, recursos e fontes de información.
- Promover o recoñecemento da figura investigadora no Traballo Social mediante accións de sensibilización e divulgación.
- Facilitar o acceso á investigación, identificando recursos e ferramentas de apoio para as persoas interesadas en iniciar unha traxectoria investigadora.
- Fomentar novas colaboracións e liñas de traballo, explorando iniciativas relacionadas coa historia e a evolución do Traballo Social en Galicia.
A través do traballo colaborativo e do intercambio de experiencias, o grupo busca fortalecer a identidade investigadora do Traballo Social e dar maior visibilidade á súa contribución ao coñecemento científico e á mellora da intervención social.
Participantes

