Mesas Abertas

Protocolo de Seguridade para o Persoal Laboral do Servizo de Axuda no Fogar (SAF)

Aportacións para a creación do protocolo en Galicia - Convocatoria agosto 2025 | Participa: GT SAF

Proposta enviada á FEGAMP

Lei de Axente de Igualdade

Consulta pública para o Ministerio de Igualdade - Convocatoria Online 6 e 9 de outubro 2025 |Participa: GT Feminismos

Proposta enviada ao Ministerio de Igualdade

Anteproxecto de Lei Orgánica de medidas en materia de Violencia Vicaria

Audiencia pública para o Ministerio de Igualdade - Convocatoria Online 21 e 25 de outubro 2025 | Participa: GT Feminismos e Comisión Infancia e Familia

Proposta enviada ao Ministerio de Igualdade

Proxecto de Decreto do Estatuto das Mulleres do Rural de Galicia

Consulta pública para o Proxecto de Decreto polo que se aproba o Estatuto das Mulleres do Rural de Galicia da Xunta de Galicia - Convocatoria online 17 e 18 de decembro 2025 | Participa: GT Feminismos e profesionais colexiadas

Proposta enviada á Xunta de Galicia

Lei de Axente de Igualdade

Consulta audiencia pública do Anteproxecto para o Ministerio de Igualdade. Convocatoria 31 xaneiro de 2026 |Participa: GT Feminismos

Proposta enviada ao Ministerio de Igualdade

Anteproxecto de Lei de Administración Local de Galicia

Consulta pública suxestións sobre a nova regulación da administración local galega - Convocatoria 12 de febreiro do 2026 |Participa: profesionais colexiadas

Creación Comisión Técnica de Residencias

Espazo online para valorar a creación dunha Comisión Técnica de Residencias, para propoñer solucións dende a profesión e contribuír á mellora da situación das residencias en Galicia desde a experiencia e a profesionalidade. Convocatoria  3 de marzo do 2026 ás 17:00h |Participa: profesionais colexiadas

Lei Galega de Infancia e Adolescencia

Espazo online dirixido a profesionais colexiadas do ámbito da infancia, co obxectivo de xerar un espazo de reflexión e intercambio arredor da consulta públcia da futura Lei galega de infancia e adolescencia. Convocatoria 12 de marzo do 2026 18:30h |Participa: profesionais colexiadas ámbito infancia

Proposta enviada á Xunta de Galicia

Consulta Pública Profesións Sanitarias

Espazo online para participar na consulta pública previa para a modificación da Lei 44/2003 (LOPS). É unha oportunidade clave para reivindicar o papel do Traballo Social no sistema sanitario, achegando propostas desde a práctica profesional.

Queres participar? Envía un correo a info@traballosocial.gal co asunto: MESA ABERTA PROFESIÓNS SANITARIAS.

Convocatoria 9  de abril do 2026 16:00 a 17:00h |Participa: profesionais colexiadas ámbito sociosanitario

+ INFO MINISTERIO SANIDAD

Queres propoñer unha Mesa Aberta?

Preocúpache algún tema da túa comunidade? Coñeces algunha consulta pública na que sexa interesante participar? Queres indagar, reflexionar ou explorar solucións arredor dun problema concreto? Gustaríache crear un espazo profesional para compartir experiencias, ampliar coñecementos ou xerar debate?

A Mesa Aberta é un lugar de encontro facilitado para pensar xuntas, dialogar e construír respostas colectivas.

Envía a túa proposta a info@traballosocial.gal co asunto PROPOSTA MESA ABERTA

FORMULARIO PARA OS GRUPOS DE TRABALLO, COMISIÓNS TÉCNICAS E MESAS ABERTAS

Se tes algunha proposta, queres obter máis información, inscribirte ou solicitar a baixa dalgún dos grupos de participación, podes solicitalo a través do seguinte formulario.

Acción a solicitar para o Grupo de Traballo.
Resposable Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia (COTSG).
Finalidade Atender a súa solicitude de contacto.
Lexitimización O remitirnos a súa consulta consideramos que estamos lexitimados para tratar os seus datos.
Destinatarios O datos de contacto non serán cedidos a terceiros.
Dereitos Pode opoñerse o tratamento de seus datos e exercitar o resto de dereitos consultando a información adicional.
Información adicional Para máis información, consulte a nosa POLITICA DE PRIVACIDADE.