Resumo mensual: xullo 2023 
Data: Novembro 28, 2024

Repasamos as distintas iniciativas realizadas polo Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia ao longo do pasado mes de xullo.   

Resumo de actividades do COTSG:  

  • 03.07.2023. A Comisión de Infancia e Familia reuniuse o luns 3 de xullo tras a lectura do “Dictamen. La perspectiva de infancia en las políticas sociales en Cataluña” para realizar unha valoración sobre o documento e abrir a porta a xerar redes con outros COTS. Ademais, planificouse a seguinte xuntanza presencial e as vindeiras liñas de actuación. 
  • 06.07.2023. Reunión do persoal técnico coa membro da xunta de goberno Laura Zapata para deseñar accións para a presenza do Traballo Social na educación. 
  • 07.07.2023. Envío dunha carta aos principais partidos políticos que se presentan ao Congreso e o Senado nas provincias galegas, para insistir na importancia dos servizos sociais e os elementos necesarios para que sexan de calidade. 
  • 26.07.2023: Xunta de Goberno do COTSG. 

 

Resumo de iniciativas enmarcadas en Defensa da Profesión do COTSG:   

Recurso de reposición:   

  • Concello de Lugo: Escrito solicitando a información e documentación relativa ao cumprimento das ratios do número de profesionais de referencia nos Servizos Sociais Comunitarios, as prazas vacantes existentes na actualidade, así como os procedementos de cobertura dos postos de Traballo Social no Departamento de Servizos Sociais do municipio.

Escrito de alegacións:  

  • Servizo Galego de Saúde: Publicación do Anteproxecto do Decreto de Ordenación das Comisións Asistenciais e Comités Técnicos Sanitarios das Áreas Sanitarias do Sistema Público de Saúde de Galicia. Escrito de Alegacións para que se inclúa a figura do/a Traballador/a Social nas devanditas Comisións e Comités. 

 

A formación en xuño:  

Continúa aberto o prazo de inscrición para outras accións formativas do COTSG que se desenvolverán nos vindeiros meses:

Publicáronse 20 accións de formación, externas ao COTSG, de interese para a profesión. 

 

Novas destacadas:  

 

O COTSG nos medios: