O COTSG asiste á presentación dun estudo sobre as persoas con adicións nas prisións organizado por UNAD
Data: Maio 13, 2024

A pasada semana, o COTSG asistiu á presentación do estudo “Situación de las personas con adicciones en las prisiones españolas. Una visión con perspectiva de género”. Ignacio Iglesias, técnico do COTSG, asistiu ao evento, organizado por UNAD, a rede de ONG relacionadas coas adiccións.

A apertura da xornada estivo a cargo de Helena Ínsua, traballadora social de Asfredo, mentres que a presentación do estudo foi realizada por Carmen Martínez, vicepresidenta de UNAD, e Gerardo Pardo de Vera, membro da comisión de Adiccións e Xustiza Penal.

A recollida de datos deste estudo fíxose nas cadeas españolas durante o ano 2021, entrevistando a 1.086 persoas, 839 homes e 247 mulleres. A poboación reclusa española está composta nun 93% por homes e un 7% de mulleres. O primeiro estudo deste tipo fixérase en 2013, polo que esta publicación supón unha actualización, na que se inclúen por primeira os datos das prisións catalás, as únicas xestionadas directamente pola comunidade autónoma.

A principal conclusión do estudo é que as variables das mulleres e dos homes nesta situación de dependencia son distintas, polo tanto, os programas, estratexias e abordaxes tamén deben selo.

No evento, organizáronse dúas mesas redondas. Nunha delas tratouse a visión nas cadeas da abordaxe das persoas drogodepentes privadas de liberdade. Na segunda delas abordouse o rol da ONG no tratamento de prsoas drogodependetes nas prisións.

Entre as conclusións da xornada, destácase que a cadea non pode acoller a persoas con problemas graves de saúde mental así como a necesidade de que o SERGAS sexa o prestador da asistencia sanitaria nas prisións galegas, abordando tamén as dependencias. A isto súmase unha maior coordinación do traballo realizado polas ONG e os equipos profesionais das prisións.