Doazón do mobiliario do COTSG á entidade sociais
Data: Xullo 17, 2024

O Colexio de Traballo social, grazas á subvención da deputación de A Coruña, reforma a súa sede para unha maior comodidade para a Equipa que traballa nel e para garantir á colexiación un espazo máis amable e funcional.

Neste senso, o COTSG pon ao servizo das entidades sociais o seu mobiliario actual  a prol de poñer o noso grao de area con outros organismos.

Temos o noso inventario á vosa disposición, non dubidades en contactar con nós (info@traballosocial.gal e/ou 981.56.81.00)  para solicitalo e escoller o que máis se adapte ás vosas necesidades!

Prazo para solicitar mobiliario: 10 de Outubro

Requisitos: Recollida na sede do COTSG. Rúa Dublín, 6 Santiago de Compostela