O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia foi adxudicatario o ano 2022 dunha axuda da Deputación da Coruña, para a reforma e mellora dos espazos interiores da sede da entidade e para a renovación do mobiliario e de equipamento informatico, dentro do programa FOENIA/2022 – Convocatoria do programa de subvencións dirixido a entidades para investimentos de promoción económica, durante o ano 2022 (Expediente nº: 2022000014731), por un importe de 18.864,15 euros sobre un orzamento total de 23.580,19 euros ( Resolución número 2022 / 41628 de data 6 de outubro de 2022, pola que se aproba a concesión definitiva de subvencións correspondentes ao programa FOENIA 2022. Boletín Oficial da Provincia da Coruña nº 192 do luns 10 de outubro de 2022 )

A axuda subvencionou parcialmente a reforma dos espazos interiores da sede colexial, así como a instalación de sistema de aire acondicionado mediante bomba de calor e a adquisición de diverso equipamento informático (sistema de videoconferencia, renovación de monitores e nova videocámara para o departamento de comunicación e formación)

Na presentación, desenvolvemento e difusión social do proxecto foi empregada a lingua galega.