No mes de setembro leváronse a cabo as seguintes actividades:
- 14/09/2022 Reunión coa Dirección Xeral de Xustiza. Podes acceder ao resumo das conclusión desta reunión aquí.
- 16/09/2022 Asistencia á Graduación das novas e novos compañeiros da Universidade de Vigo.
- 22/09/2022 Reunión telemática co Consello interdisciplinar Condutas suicidas
- 22/09/2022 Reunión de traballo coa Fundación Salma e entidades colaboradoras para a revisión do Borrador do Acordo pola Mellora da Saúde Mental Infanto-Xuvenil
- 28/09/2022 Reunión do pleno do Observatorio Galego da Violencia de Xénero. Para saber máis, preme aquí.
- 28/09/2022 Reunión con representantes do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia co fin de unir forzas para mellorar o benestar social das persoas.
- 28/09/2022 Xunta de Goberno Ordinaria
Enviadas dúas notas de prensa:
- O COTSG alerta nesta volta ás aulas da progresiva amortización de prazas nos equipos de orientación específicos. Podes consultala aquí.
- O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia alerta sobre o colapso estrutural nos equipos IMELGA coa chegada da Lei 8/2021 de apoios as persoas con dicapacidade. Podes consultala aquí
Eventos importantes:
- Convocatoria de eleccións ao Consello Xeral de Traballo Social 2022. Accede a toda a información aquí.
- Aberto o prazo para a matriculación para colexiados/as de Traballo social no curso académico de idiomas 2022/23 que ofrece UNED. Accede aquí a toda a información.
- III Xornada Estatal de Traballo Social e Adiccións. Accede aquí a toda a información.
- Documentación de interese: “Informe social. Valoración de Apoios”. Podes acceder a esta documentación aquí.
- Xornada “Políticas públicas do Sistema de Servizos Sociais: novo marco xurídico e técnico”. Podes acceder a toda a información aquí.
- XXI Simposio da Red Renta Básica. Renda Básica: Colocando a vida no Centro. Podes acceder a toda a información deste evento aquí.
Formación:
- Celebrouse o curso de “Informe Social. Valoración de Apoios”, no que participaron 30 persoas, impartido polas docentes Belén Novillo e Marta Cubero. Esta formación contou coa participación do maxistrado Roberto J. Soto e a avogada María Fernández.
- Iniciouse o curso “Coidar na casa: Intervención social con coidadoras informais”, a cargo de Victoria Abadía no que participan 36 persoas.
- Deu comenzo a 3ª edición do curso “Traballo Social Forense en procesos civís e penais” que nesta ocasión conta con 25 participantes. Esta formación está impartida pola traballadora social, Flor Redondo.
- Comenzou a formación, promovida e financiada pola FEGAMP, en “Apuntes prácticos para a elaboración de Informes Sociais” no que participaron 30 persoas e que está impartida por Ana Caamaño e Eva González.
- Celebrouse o Obradoiro de Autocoidado [Biodanza: celebrar a vida e volver ao sinxelo], dirixido por Naiara González e no que participaron 13 traballadoras sociais.
- Continúa aberto o prazo de inscrición nos Obradoiros de Autocoidado que se desenvolverán ata final de ano:
- Continúa aberta a Convocatoria de Propostas de Teleformación 2022 para impartir docencia no COTSG, que permanecerá aberta ata o 4 de novembro de 2022.
- Publicáronse 46 accións de formación, externas ao COTSG, de interese para a profesión.