Convocatoria de eleccións ao Consello Xeral de Traballo Social 2022
Data: Abril 20, 2024

Anuncio da Convocatoria de Eleccións aos cargos de Presidencia e resto de cargos electos da Xunta de Goberno do Consello Xeral de Colexios Oficiais de Diplomados en Traballo Social e Asistentes Sociais.

As eleccións celebraranse conforme os Estatutos vixentes do Consello Xeral, aprobados mediante Real Decreto 877/2014, do 10 de outubro, publicados no BOE nº 259, de data 25 de outubro de 2014 e ao Regulamento sobre o Procedemento Electoral deste Consello aprobado na Asemblea Xeral Ordinaria celebrada o día 18 de decembro de 2021, segundo o calendario electoral publicado.

Ao día seguinte deste anuncio dará inicio a CONVOCATORIA DE ELECCIÓNS E PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS seguindo o previsto na Sección Quinta dos Estatutos deste Consello Xeral, relativa ao Procedemento electoral da Presidencia e membros da Xunta de Goberno e ao capítulo V do Regulamento do Procedemento Electoral do Consello Xeral.

Para garantir a máxima participación faise público este anuncio na web do Consello Xeral, e publícanse os termos nos que se dará publicidade ao proceso e a presentación das candidaturas.

Conforme ao establecido no capítulo V do Regulamento Electoral e no Preámbulo dos Estatutos CGTS, todas as convocatorias e/o comunicacións sobre o proceso de eleccións realizaranse por medios electrónicos.

TODA A INFORMACIÓN ESTÁ DISPOÑIBLE EN:

www.cgtrabajosocial.es/elecciones2022