Resumo Mensual: Maio 2022
Data: Novembro 26, 2024

Aquí vai un resumo das accións levadas a cabo durante o mes de maio!

04.05.2022. O departamento de Comunicación mantén unha xuntanza co Colexio de Xornalismo para trazar liñas de colaboración con perspectiva social nas novas dos medios de comunicación.

07.05.2022. A Traballadora social Isabel Redondo acude en representación do COTSG ás Xornadas Interdisciplinares de FAGAL

11.05.2022. A vicepresidenta Ana Vilar e a vogal e responsable da Comisión de Infancia e Familia, Elena Gómez, reúnense coa Dirección Xeral de Familia, infancia e Dinamización Demográfica para trasladarlle a análise do sistema de protección de menores de idade en Galicia elaborada pola Comisión.

11.05.2022. Xunta de Goberno

12.05.2022. Reunión de Tesourería coa Xestoría “Xestión social” para o análise e elaboración de orzamentos

12.05.2022. Xuntanza Grupo de Traballo de Servizos Sociais Comunitarios

12.05.2022. Xuntanza Grupo de Traballo e Inclusión Social

18.05.2022. Xunta de Goberno: Preparar Asemblea 2022

19.05.2022. Xuntanza Grupo de Traballo en Educación

23.05.2022. Reunión interna na posta en marcha de melloras tecnolóxicas para a colexiación

26.05/27.05/28.05.2022. O COTSG acude ao Congreso Estatal de Traballo social

27.05.2022. A Vicepresidenta, Ana Vilar, recibe o premio de Unión Profesional pola súa traxectoria laboral. Recolle o premio a vogal Elena Gómez.

 

DEFENSA DA PROFESIÓN MAIO

  • Alegación á Relación de Postos de Traballo do Concello de Vilagarcia de Arousa
  • CAMPAÑA DO SÍNDROME DE BURNOUT:
    • Escrito aos diferentes Organismos e institucións a situación de maltrato laboral e falta de recoñecemento da nosa profesión esencial
    • Campaña en medios de comunicación
  • Consideracións aos Servizos Centrais do SERGAS ante a exclusión do Traballo social nos GT en atención a saúde mental ás persoas refuxiadas en Ucraína.
  • Recurso potestativo de Reposición fronte as bases dunha praza de Educación Familiar no Concello de Vilasantar, ao excluír a Traballo Social.
  • Solicitude de información á Mancomunidade de Ordes respecto ao procedemento de xestión e actualización dos chamamentos da Bolsa de Emprego de Traballo social .
  • Recurso Potestativo de Reposición fronte as bases de contratación de Traballo social do SAF no Concello de Verín.

 

NOVAS IMPORTANTES

 

Iniciáronse as seguintes accións formativas:

  • “A xestión dos SS.SS Comunitarios. Unha proposta desde o Traballo Social” con 35 participantes.
  • “Intervención social con persoas con enfermidade mental (2022)” en colaboración coa Deputación de Ourense na que participan 25 profesionais.

Remataron as seguintes formacións:

  • “Intervención social con persoas sen fogar” en colaboración coa Deputación da Coruña no que participaron 7 profesionais.
  • “Elaboración de artigos científicos e sistematización de experiencias” con 15 participantes.
  • “Intervención social con persoas con discapacidade” que contou coa participación de 40 persoas.
  • “Xestión e Coordinación do SAF”, con 31 participantes.

 

Celebrouse o primeiro Obradoiro de Autocoidado “Estoume coidando como profesional?” impartido por Maika Sieiro e no que participaron 12 persoas.

Continúa aberto o prazo de inscrición para outras accións formativas do COTSG que se van desenvolver nos meses seguintes:

Publicáronse 33 accións de formación, externas ao COTSG, de interese para a profesión.