Apróbase a carteira de Servizos de Traballo Social Sanitario de Atención Primaria de Galicia
Data: Novembro 26, 2024

Vén de aprobarse a carteira de Servizos de Traballo Social Sanitario de Atención Primaria de Galicia. En primeiro lugar queremos dar a noraboa a todos e todas as compañeiras polo esforzo e traballo realizado. Esta aprobación supón un gran recoñecemento para o Traballo Social sanitario e as súas funcións, tan esenciais, que desenvolven  no sistema sanitario galego. 

Esta carteira ten como finalidade ofrecer información aos profesionais e á poboación sobre os procesos e procedementos de intervención que de forma xenérica se desenvolven por parte do Traballo Social Sanitario (TSS) en Atención Primaria do Servizo Galego de Saúde. Oferta servizos en función das necesidades sociais e das prioridades das institucións de forma integral, adaptada ao territorio galego; garantindo uns servizos esenciais básicos.
Ten presente en todo momento as garantías expresadas na Lei 16/2003 de Cohesión e Calidade do
Sistema Nacional de Saúde: de equidade, calidade e participación da poboación na nosa comunidade
autónoma.

Atende aos seguintes principios básicos no desempeño profesional:
-Atención integral á saúde centrada na persoa.
-Continuidade nos coidados.
-Adecuación da actuación.
-Información e calidade.

Xa podedes consultar o documento completo: Carteira de Servizos de Traballo Social Sanitario de Atención Primaria de Galicia

Grazas de novo polo traballo feito e por sumar tanto ao Traballo Social!