RESUMO MENSUAL SETEMBRO 2024
Data: Novembro 21, 2024

Repasamos todas as actividades e actuacións realizadas neste setembro 2024

  • 02.09.2024 Reunión coa empresa UNAYTA: modernización tecnolóxica e cara unha mellora na xestión para ofrecer ás persoas colexiadas.
  • 05.09.2024 O COTSG está presente na Consello municipal de Igualdade en Santiago de Compostela.
  • 16.09.2024 Reunión grupo de traballo social sanitario.
  • 18.09.2024 O pasado 18 de setembro, o COTSG participou activamente no debate “Ou-a Cidadanía Dixital?”, organizado pola NOVA ESCOLA GALEGA en Santiago de Compostela (+info).
  • 19.09.2024 Reunión grupo de traballo de SAF.
  • 19.09.2024 A Xunta de Goberno presenta nas II Xornada Intercolexial de Traballo social sanitario na Universidade de Deusto (+info) 
  • 23.09.2024 Reunión grupo de traballo de Saúde mental.
  • 26.09.2024 Reunión grupo de Traballo de Servizos sociais comunitarios.
  • 27.09.2024 Presentes Feira Pontesan: Saúde e benestar.
  • 27.09.2024 Xunta de Goberno

    Sumamos cada xoves reunións de coordinación interna para organizar as tarefas do persoal do COTSG.

COTSG EN MEDIOS:

  • Novos retrasos nos Servizos de Valoración da Dependencia en Galicia Escoita a entrevista de Miriam Rodríguez, presidenta do COTSG, na Cadena Ser (prema aquí)
  • Servizos de Dependencia ao límite: a situación das traballadoras sociais As traballadoras sociais Mónica Rodríguez, do Concello de Tordoia e, Isabel Fernández, de atención primaria, contan a situación na cadena ser (escoita a entrevista).
  • O Colexio de Traballo Social de Galicia insta á Xunta a activar a Mesa de Dependencia, pendente desde 2006. A falta de avaliacións e os atrasos prolongados na valoración de graos afectan ás 469.000 persoas potencialmente dependentes en Galicia (escoita a entrevista).
  • No programa “A Coruña Opina”, a nosa compañeira Gemma González, traballadora social, destacou a necesidade de máis intervención social nas unidades de saúde mental e formación para as familias como prevención (escoita a entrevista).

 

DEFENSA DA PROFESIÓN:

  • Recurso de Resposición no Concello de CUNTIS
  • Revisión de bases

O BLOG DO COTSG:

  • En Vigo, as traballadoras sociais lideran protestas pola sobrecarga de traballo nos servizos sociais municipais, cunha ratio de 1 profesional por cada 17.000 personas.
    💬 Falamos con Teresa Elvira, unha das promotoras das movilizacións sobre a sobrecarga de traballo, a falta de persoal e as consecuencias para a cidadanía máis vulnerable. Cóntanos de primeira man as medidas que esixen e as accións que xa están a levar a cabo.
  • Fanny Lago: O traballo social nun centro Especial de ensino. Le a entrevista completa no noso blog