Solicitud de Inclusión das e dos Traballadores Sociais no Curso de Capacitación para Inspección de Servizos Sociais da EGAP
Data: Outubro 8, 2024

Estimadas compañeiras,

Queremos informarvos de que o COTSG elaborou un modelo de escrito que podedes presentar individualmente ante a Escola Galega de Administración Pública (EGAP) para solicitar a vosa admisión no Curso Superior de Capacitación para o Desempeño da Función de Inspección de Servizos Sociais, convocado mediante Resolución do 16 de setembro de 2024, publicada no DOG nº 178.

Este curso exclúe ao persoal pertencente á Administración Especial, o que afecta directamente ás e aos profesionais do Traballo Social, sen ter en conta a nosa capacitación e titulación para exercer funcións de inspección nos Servizos Sociais.

Dende o COTSG consideramos que o perfil técnico das e dos traballadores sociais é fundamental para garantir a calidade do servizo público neste ámbito. Por este motivo, animámosvos a presentar o escrito co obxectivo de que se nos admita como persoal destinatario do curso, evitando así unha discriminación inxustificada que vulnera o artigo 14 da Constitución.

Ademais, informámosvos de que o COTSG está traballando na defensa desta cuestión tamén a nivel institucional, mantendo conversacións coa Xunta de Galicia para que se recoñeza a nosa profesión no marco destas cuestións.

O modelo de escrito está dispoñible para que o adaptedes coas vosas informacións persoais e o presentedes canto antes. Estaremos ao tanto dos avances e seguiremos informando sobre esta cuestión.

MODELO RECLAMACION CURSOS Corpos de Inspección