Resumo mensual: setembro 2023 
Data: Maio 19, 2024

Repasamos as distintas iniciativas realizadas polo Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia ao longo do pasado mes de setembro.  

Resumo de actividades do COTSG:    

  • 11.09.2023 Reunión Grupo de Traballo Saúde Mental 
  • 15.09.2023 Xunta de Goberno do mes de agosto 
  • 15.09.2023 Reunión do Consello Galego de Benestar Social 
  • 19.09.2023 Reunión coa secretaria xeral de Igualdade  
  • 26.09.2023 Reunión online Comisión de Infancia e Familia 
  • 29.09.2023 Xunta de Goberno do mes de setembro 

Outras actividades:  

  • Lanzamento da axenda gratuíta 2024 para a colexiación 
  • Para reforzar o Traballo Social educativo, dende o COTSG solicitáronse reunións coas AMPAS, sindicatos, consellería de Educación e asociación de directores/as de centros educativos.  

   

Resumo de iniciativas enmarcadas en Defensa da Profesión do COTSG:       

Recursos de reposición:

  • Concello da Baña. Por non computar os cursos de formación impartidos polo Colexio profesional na valoración dos méritos. 

Escrito:  

  • Concello de Melón para que facilite a información e documentación relativa ás seguintes cuestións: 
    • Que se indique que profesional realiza a coordinación do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) no Departamento de Servizos Sociais do municipio. 
    • Que se indique o número de profesionais do Traballo Social que constan no Departamento de Servizos Sociais.   
    • Que se indique en que estado se atopa o procedemento de contratación da profesional do Traballo Social realizado para cubrir a situación de incapacidade temporal da titular da praza, referenciando quen se está encargando a día de hoxe de realizar o traballo propio e exclusivo de esta profesional. 

 

A formación en setembro:  

Iniciáronse as seguintes accións formativas: 

  • “Traballo Social en centros de atención a persoas maiores”, con 46 participantes 
  • “Intervención con persoas con discapacidade. Impacto da nova reforma”, con 
  • “Acompañamento Social e Psicolóxico para a recuperación integral de NNA Vítimas de Explotación Sexual do Sistema de Protección á Infancia”, en colaboración con Médicos do Mundo, con 3 participantes 
  • “Introdución ao Liderado na coordinación e xestión de Servizos Sociais Comunitarios”, en colaboración coa Deputación de A Coruña, con 24 participantes. 

Cancelouse o curso “O Traballo Ecosocial como Ferramenta de Transformación” por falta de aforo suficiente.   

Continúa aberto o prazo de inscrición para as seguintes accións formativas do COTSG que se van desenvolver nos vindeiros meses: 

  • “A Xestión dos Servizos Sociais Comunitarios. Unha proposta dende o Traballo Social” 

Continúa aberta tamén a convocatoria de teleformación, a través da cal vos animamos a ser docentes. Envianos a túa proposta

Publicáronse 56 accións de formación, externas ao COTSG, de interese para a profesión. 

Novas destacadas: