O Traballo Social en saúde mental: prevención do suicidio
Data: Abril 18, 2024

A pasada fin de semana, o domingo 10 de setembro, celebrouse o Día Mundial da Prevención do Suicidio. Unha data na que o COTSG reivindica o papel do Traballo Social na prevención do suicidio, enmarcado na especialidade de saúde mental da profesión.

O suicidio é a primeira causa externa de mortalidade en España, sendo a comunidade galega a segunda con máis suicidios. Os datos de 2022 sitúan o aumento do suicidio nun 2,2%, supoñendo un incremento dun 8,8% nos últimos 5 anos. No último ano, suicidáronse un total de 4097 persoas, é dicir, unha media de 11 persoas o día.

Precisamente, o SERGAS creou as Unidades de Prevención do Suicidio (UPS) con profesionais do ámbito sanitario da psiquiatría, da psicoloxía e de enfermería, pero excluíndo a profesionais do Traballo Social. Fronte a esta decisión, o COTSG considera importante resaltar que o Traballo Social en saúde ten a misión de fomentar as relación interpersoais, no ámbito familiar e comunitario, que provean de interaccións significativas necesarias para a provisión de apoios sociais. As súas funcións son:

  • Acompañar, facilitar e orientar no proceso de recuperación.
  • Promover a autonomía e a capacitación da persoa fomentando os recursos internos e externos.
  • Sensibilizar á sociedade e loita contra o estigma, empleando todos os sistemas de cooperación e colaboración.
  • Fomentar a participación social e comunitaria, para manter un papel activo na sociedade.
  • Coordinar aos distintos axentes socio-comunitarios para unha intervención global e integral (centro de saúde, USM, hospital e/ou asociación)

Podes ler máis sobre este día nas seguintes novas:

El Día Mundial para la Prevención del Suicidio llega con un aumento de casos (niusdiario.es)

La tasa de suicidios no deja de aumentar en España, sobre todo entre los jóvenes (eleconomista.es)

Las nuevas unidades de prevención del suicidio puestas en marcha por la Xunta atendieron ya más de 1.500 personas – Xunta de Galicia

Más de 1.500 personas atendidas en las unidades de prevención del suicidio (diariodepontevedra.es)