Repasamos as distintas iniciativas realizadas polo Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia ao longo do pasado mes de setembro.
Resumo de actividades do COTSG:
- 11.09.2023 Reunión Grupo de Traballo Saúde Mental
- 15.09.2023 Xunta de Goberno do mes de agosto
- 15.09.2023 Reunión do Consello Galego de Benestar Social
- 19.09.2023 Reunión coa secretaria xeral de Igualdade
- 26.09.2023 Reunión online Comisión de Infancia e Familia
- 29.09.2023 Xunta de Goberno do mes de setembro
Outras actividades:
- Lanzamento da axenda gratuíta 2024 para a colexiación
- Para reforzar o Traballo Social educativo, dende o COTSG solicitáronse reunións coas AMPAS, sindicatos, consellería de Educación e asociación de directores/as de centros educativos.
Resumo de iniciativas enmarcadas en Defensa da Profesión do COTSG:
Recursos de reposición:
- Concello da Baña. Por non computar os cursos de formación impartidos polo Colexio profesional na valoración dos méritos.
Escrito:
- Concello de Melón para que facilite a información e documentación relativa ás seguintes cuestións:
- Que se indique que profesional realiza a coordinación do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) no Departamento de Servizos Sociais do municipio.
-
- Que se indique o número de profesionais do Traballo Social que constan no Departamento de Servizos Sociais.
- Que se indique en que estado se atopa o procedemento de contratación da profesional do Traballo Social realizado para cubrir a situación de incapacidade temporal da titular da praza, referenciando quen se está encargando a día de hoxe de realizar o traballo propio e exclusivo de esta profesional.
A formación en setembro:
Iniciáronse as seguintes accións formativas:
- “Traballo Social en centros de atención a persoas maiores”, con 46 participantes
- “Intervención con persoas con discapacidade. Impacto da nova reforma”, con
- “Acompañamento Social e Psicolóxico para a recuperación integral de NNA Vítimas de Explotación Sexual do Sistema de Protección á Infancia”, en colaboración con Médicos do Mundo, con 3 participantes
- “Introdución ao Liderado na coordinación e xestión de Servizos Sociais Comunitarios”, en colaboración coa Deputación de A Coruña, con 24 participantes.
Cancelouse o curso “O Traballo Ecosocial como Ferramenta de Transformación” por falta de aforo suficiente.
Continúa aberto o prazo de inscrición para as seguintes accións formativas do COTSG que se van desenvolver nos vindeiros meses:
- “A Xestión dos Servizos Sociais Comunitarios. Unha proposta dende o Traballo Social”
Continúa aberta tamén a convocatoria de teleformación, a través da cal vos animamos a ser docentes. Envianos a túa proposta!
Publicáronse 56 accións de formación, externas ao COTSG, de interese para a profesión.
Novas destacadas:
- O COTSG CELEBRA UNHA MESA REDONDA O 9 DE OUTUBRO CON MOTIVO DO DÍA MUNDIAL DA SAÚDE MENTAL
- SÚMATE AOS GRUPOS DE TRABALLO DO COLEXIO OFICIAL DE TRABALLO SOCIAL DE GALICIA
- DEFENSA DA PROFESIÓN: O CONCELLO DA LARACHA INCLÚE AO TRABALLO SOCIAL NUN PROCESO SELECTIVO TRAS UN RECURSO DO COTSG
- SOLICITA A TÚA AXENDA COTSG PARA O 2024
- O COTSG ORGANIZA O 4 DE OUTUBRO UNHA WEBINAR SOBRE O NOVO MODELO DE SERVIZOS SOCIAIS DENDE O TRABALLO SOCIAL
- PUBLICADA A CUARTA E ÚLTIMA PARTE DO DOCUMENTAL DO COTSG
- O TRABALLO SOCIAL EN SAÚDE MENTAL: PREVENCIÓN DO SUICIDIO
- XA ESTÁ PUBLICADA A TERCEIRA ENTREGA DO DOCUMENTAL DO COTSG
- O COTSG CONVOCA 5 BOLSAS PARA ASISTIR ÁS XORNADAS DE SERVIZOS SOCIAIS EN CONTEXTOS URBANOS E RURAIS