Resumo Mensual-Setembro 2022
Data: Novembro 25, 2024

No mes de setembro leváronse a cabo as seguintes actividades: 

  • 14/09/2022 Reunión coa Dirección Xeral de Xustiza. Podes acceder ao resumo das conclusión desta reunión aquí. 
  • 16/09/2022 Asistencia á Graduación das novas e novos compañeiros da Universidade de Vigo.
  • 22/09/2022 Reunión telemática co Consello interdisciplinar Condutas suicidas
  • 22/09/2022 Reunión de traballo coa Fundación Salma e entidades colaboradoras para a revisión do Borrador do Acordo  pola Mellora da Saúde Mental Infanto-Xuvenil
  • 28/09/2022  Reunión do pleno do Observatorio Galego da Violencia de Xénero. Para saber máis, preme aquí. 
  • 28/09/2022 Reunión con representantes do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia co fin de unir forzas para mellorar o benestar social das persoas.
  • 28/09/2022 Xunta de Goberno Ordinaria

Enviadas dúas notas de prensa:

  • O COTSG alerta nesta volta ás aulas da progresiva amortización de prazas nos equipos de orientación específicos. Podes consultala aquí. 
  • O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia alerta sobre o colapso estrutural nos equipos IMELGA coa chegada da Lei 8/2021 de apoios as persoas con dicapacidade. Podes consultala aquí 

En redes: Lanzamos a campaña para visibilizar a progresiva amortización nos Equipos de Orientación Específicos. 

Eventos importantes:

Formación: 

  • Celebrouse o curso de “Informe Social. Valoración de Apoios”, no que participaron 30 persoas, impartido polas docentes Belén Novillo e Marta Cubero. Esta formación contou coa participación do maxistrado Roberto J. Soto e a avogada María Fernández.
  • Iniciouse o curso “Coidar na casa: Intervención social con coidadoras informais”, a cargo de Victoria Abadía no que participan 36 persoas.
  • Deu comenzo a 3ª edición do curso “Traballo Social Forense en procesos civís e penais” que nesta ocasión conta con 25 participantes. Esta formación está impartida pola traballadora social, Flor Redondo.
  • Comenzou a formación, promovida e financiada pola FEGAMP, en “Apuntes prácticos para a elaboración de Informes Sociais” no que participaron 30 persoas e que está impartida por Ana Caamaño e Eva González.
  • Celebrouse o Obradoiro de Autocoidado [Biodanza: celebrar a vida e volver ao sinxelo], dirixido por Naiara González e no que participaron 13 traballadoras sociais.
  • Continúa aberto o prazo de inscrición nos Obradoiros de Autocoidado que se desenvolverán ata final de ano:
  • Continúa aberta a Convocatoria de Propostas de Teleformación 2022 para impartir docencia no COTSG, que permanecerá aberta ata o 4 de novembro de 2022.
  • Publicáronse 46 accións de formación, externas ao COTSG, de interese para a profesión.