Repasamos todas as actividades e actuacións realizadas no mes de novembro de 2024
- 04.11.2024 Reunión con un grupo de Traballadoras Sociais expertas en dependencia para a elaboración das alegacións aos cambios en Política Social introducidos pola Lei de acompañamento dos orzamentos da comunidade autónoma para o 2025.
- 04.11.2024 Formación no CEIP Lope de Vega para o curso de 5º de primaria “somos diferentes somos iguais”. Convenio de colaboración coas anpas galegas.
- 07.11.2024 Presentación das alegacións ás forzas políticas do BNG e PSdG/PSOE.
- 11.11.2024 Reunión cos sindicatos CIG, CCOO e UXT para presentarlle o contido das alegacións.
- 18.11.2024, Participación na xornada organizada polo Concello de Santiago de Compostela sobre maiores de 65 anos e soidade non desexada.
- 18.11.2024 I Jornada de Trabajo Social en Educación, celebrada en Alicante. Asistiron Laura Zapata, como vocal da Xunta de Goberno e Andrea Lago, do Grupo de Traballo Social Educativo.
- 19.11.2024 Rolda de prensa cos sindicatos CCOO, CIG e SLG para a presentación do manifesto conxunto sobre os cambios denunciados na lei de acompañamento dos orzamentos para o ano 2025.
- 19.11.2024 Reunión con Silvia Longueira, do PdG/ PSOE e con Olalla Rodil, do BNG no Parlamento de Galicia.
- 19.11.2024 Formación no CEIP Lope de Vega para o curso de 6º de primaria “somos diferentes somos iguais”. Convenio de colaboración coas anpas galegas.
- 21.11.2024 Participación na Reunión coa Subdirección Xeral de Saúde Mental da Plataforma impulsada pola Fundación Salma.
- 21.11.2024 Asistencia á reunión da Mesa Local contra da Violencia de Xenero do Concello de Santiago.
- 22.11.2024 Reunión coa Dirección Xeral de Emerxencias e con AXEGA112 , para abordar a colaboración co COTSG na xestión das emerxencias.
- 26.11.2024 XXX aniversario da creación da titulación de Traballo Social en Ourense, que contou coa presencia da Presidenta do COTSG, Miriam Rodríguez.
- 28.11.2024 Premios Galegos do Ano, concedidos por El Correo Gallego. Asistiron as vocais da Xunta de Goberno, Laura Zapata e Rosario Capelo.
- 29.11.2024 Reunión da Xunta de Goberno.
COTSG EN MEDIOS:
- Entidades de Trabajo Social denuncian que la Xunta “limita” la participación en el Consello Galego de Benestar Social. Galicia press Ir a nova
- Denuncian que o PP utiliza a Xunta para entorpecer e dilatar, unha vez mais, a atención á dependencia en Galicia. Xornal Galicia. Ir á nova.
-
Entidades de Traballo Social denuncian que a Xunta “limita” a participación da sociedade galega no Consello de Benestar Social. Galicia Confidencial. Ir á nova.
- Telexornal Galicia. RTVE. Cobertura da rolda de prensa conxunta do día 19 de novembro.. Ir á nova.
- TVG. Cobertura da rolda de prensa conxunta do día 19 de novembro. Ir á nova.
-
Entidades sociais alertan de cambios nas leis de dependencia: “Van dilatar e entorpecer máis a atención” Nos Diario. Ir á nova.
- Organizaciones sindicales denuncian que “a Xunta vai entorpecer e dilatar” la atención a la dependencia. Cadena SER. Ir á nova
- Cadena SER. Radio Coruña. Ir á nova
DEFENSA DA PROFESIÓN:
- Escrito remitido ao concello de Arzúa para reclamar que cubra a praza de traballador/a social, vacante neste momento.
- Solicitude ante a Subdirección Xeral de Dependencia para que se unifiquen criterios para a actualización de PAR de SAF. Ir á nova
- Posicionamento de varios sindicatos e o CODTS en contra dos cambios na lexislación de servizos sociais que introduce a lei de acompañamento dos orzamentos do 2025. Ir á nova
- Reclamación ao SERGAS para que amplíe o número de prazas de TS previstas para a OEP do ano 2025. Ir á nova
Grupos de Traballo
- 18 de novembro reunión do grupo de Traballo Social no ámbito sanitario. Avanzaron na elaboración dunha proposta formativa de TS no ámbito sanitario.
- 19 de novembro, reunión do grupo de traballo en Saúde Mental. Deseño dun post para redes día 25 de novembro.
- 21 de novembro, reunión do grupo de traballo de SAF, están elaborando unha proposta de ordenanza reguladora do servizo.
FORMACIÓN
- 3 de novembro, rematou o prazo para a recepción de propostas formativas para a modalidade de teleformación.
- 4 de novembro, comezou o curso ” Intervención social en sinfogarismos”
- 7 de novembro, tivo lugar unha WEBINAR realizada en colaboración coa Fundación Vicky Bernadet sobre abuso sexual infantil.
- 12 de novembro, rematou o curso de diagnostico social.
- 16 de novembro rematou o curso “Traballo Social no ámbito sanitario”.
- 18 de novembro rematou o curso de “Traballo Social e atención integral centrada na persoa”.
- 25 de novembro rematou o curso “Ética na intervención Social”
27 de novembro Presentación co COTSG ao alumnado do 4º curso na EUTS de Santiago
O BLOG DO COTSG:
-
O Traballo Social e os coidados no medio rural. O día 5 de novembro conmemorase o día internacional do coidador e da coidadora, e aproveitando esta data falamos con Mar Iglesia Cabaneiro, traballadora social da Pastoriza. Con ela abordamos a situación do rural galego en relación aos servizos sociais, e en especial ás peculiaridades que revisten os coidados neste medio.Podes ler o blog AQUI
- Experiencia na cooperación internacional, en Honduras. Sandra Lorenzo cóntanos cal foi a súa vivencia no proxecto de mulleres bravas. Podes ler o blog AQUI