Reclamación ao SERGAS solicitando a ampliación da oferta de prazas
Data: Decembro 10, 2024

Tendo coñecemento da escasa  dotación de prazas de TS de nova creación prevista polo SERGAS para o ano 2025, so se contemplan dúas novas prazas,  o COTSG  remitiulle un escrito solicitando o establecemento dunha asignación suficiente e proporcionada ás necesidades que a atención sanitaria da poboación de Galicia. A relevancia e transcendencia das funcións do TS sanitario no coidado da saúde dos galegos e galegas fai preciso o aumento do seu número para asegurar a calidade, eficiencia e eficacia do sistema sanitario.

Documento completo.