Resumo mensual: mes de abril 2022
Data: Maio 9, 2024

ACTIVIDADES MENSUAIS DE ABRIL 

06.04.2022 A Xefa de Servizo de Traballo social da Área Sanitaria de Ourense, Verín e o Barco de Valdeorras, Celsa Perdiz, acude como representante do COTSG á inauguración da Oficina de Instrucións Previas na cidade de Ourense.

07.04.2022 Primeira reunión do Grupo de Traballo social e Saúde Mental.

07.04.2022 Por mor do Día Mundial da Saúde, o COTSG pon en marcha o WEBINAR: “A humanización da saúde. O acompañamento no proceso de final da vida desde o Traballo Social”, coas Traballadoras sociais Maria Jesús Lago e Noelia Ordieres.

20.04.2022 Reunión das e dos integrantes da Comisión Deontolóxica.

28.04.2022 Reunión do departamento de Formación para procurar melloras e descontos nos cursos de formación.

28.04.2022 Reunión interna entre a integrantes de Xunta de Goberno e o COTSG para perfilar a liña de Autocoidado coas profesionais do Traballo social.

29.04.2022 Reunión da nova mesa de Traballo da Lei 8/2021, pola que se reforma a nova lexislación civil e procesal para o apio ás persoas con discapacidade.

30.04.2022 O secretario, Antonio Doval, acude á Asemblea Ordinaria de Unión Profesional, onde pon en valor a colexiación e os cursos formativos dos colexios profesionais nos procesos selectivos.

DEFENSA DA PROFESIÓN

31.03.2022 Recurso de Reposición fronte as bases para a conformación dunha bolsa de emprego para cubrir unha praza de educadora/or familiar, por non contar coa titulación de Traballo social

05.04.2022 O COTSG esixe de novo a cobertura de praza da Xefatura de Traballo social na área sanitaria de Ferrol á Xefatura do SERGAS e á Consellería de Sanidade.

05.04.2022 Recurso de Reposición ás bases do proceso selectivo dunha bolsa de emprego de Traballo social no Concello de  A Bola.

07.04.2022 O COTSG presenta alegacións á RPT do Concello de Corcubión, considerando que algúns dos aspectos recollidos non resultan axustados a dereito sendo prexudiciais para os intereses das persoas colexiadas.

07.04.2022 Recurso Potestativo de Reposición á convocatoria dunha bolsa de emprego de un/ha educador/a familiar no Concello de Pontecesures por non contar coa titulación de Traballo social –  RECURSO ESTIMADO

18.04.2022 Recurso Potestativo de Reposición ao Concello de Baiona solicitando a nulidade do proceso selectivo tras o nomeamento do Tribunal , non cumprindo na súa maioría, cos mínimos esixidos legalmente.

19.04.2022 Recurso Potestativo de Reposición fronte ás bases que rexeran a convocatoria por concurso oposición de varias prazas en Réxime de interinidade para a execución de programas de carácter temporal ao abeiro do Plan de Inclusión Social, publicadas no BOE de A Coruña.

20.04.2022 O COTSG solicita á Consellería de Política social que adopten medidas de xeito harmonizado para todas aquelas persoas afectadas polos cobros da RISGA e IMV, reforzando así a protección de todas elas ao atoparse nunha situación de clara vulnerabilidade.

20.04.2022 Recurso Potestativo de Reposición fronte as bases do proceso selectivo no Concello de Cervo, xa que non teñen en conta os cursos do Colexio Profesional.

20.04.2022 Recurso de Reposición ante as bases da creación dunha bolsa de emprego para a contratación de funcionarias/os interinas/os como Técnica/o de Igualdade para o CIM do Concello Arzúa – RECURSO DESESTIMADO

20.04.2022 Recurso de Reposición ás bases do proceso selectivo para a selección de persoal laboral indefinido, mediante concurso – oposición dunha/un traballador/a social no Concello de Barreiros.

29.04.2022 Recurso potestativo de reposición fronte ás Bases para a formación dunha bolsa de funcionarios/as internos/as para a execución do programa de Educación familiar Concello Arzúa. RECURSO ESTIMADO

FORMACIÓN

Iniciáronse as seguintes formacións:

  • “Acollemento familiar con menores do sistema de protección” con 19 participantes.
  • “Introdución á Ética da intervención social_3ª edición” en colaboración coa Deputación de Ourense na que participan 15 profesionais.
  • “Intervención social con persoas sen fogar” en colaboración coa Deputación da Coruña no que participan 7 profesionais.
  • “Elaboración de artigos científicos e sistematización de experiencias” con 15 participantes.

Realizouse o webinar [A HUMANIZACIÓN DA SAÚDE. O ACOMPAÑAMENTO NO PROCESO DE FINAL DA VIDA DESDE O TRABALLO SOCIAL], no que participaron 34 persoas.

Continúa aberto o prazo de inscrición para outras accións formativas do COTSG que se van desenvolver nos meses seguintes:

Publicáronse 40 accións de formación, externas ao COTSG, de interese para a profesión.