Resumo mensual: marzo 2023
Data: Abril 27, 2024
Repasamos todas as actividades realizadas no Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia durante marzo de 2023. Este último mes estivo marcado sen dúbidas pola gran gala de Traballo Social, na que se conmemoraron os 40 anos do COTSG. A celebración do Día Mundial do Traballo Social, así como outras novas completan as actividades do mes de marzo.

Resumo de actividades do COTSG: 

  • 08.03.2023 Actividades 8 de marzo 
  • 13.03.2023 Reunión do Grupo de Traballo en Educación 
  • 14.03.2023 Reunión con profesionais do grupo de Emerxencias e grandes catástrofes en Traballo Social conformado polo Consello Xeral e Cataluña 
  • 16.03.2023 Xuntanza coa Comisión de Infancia e Familia do COTSG 
  • 21.03.2023 Día Mundial do Traballo Social  
  • 23.03.2023 Reunión mantida con Miriam Rodríguez e Ana María Vilar, presidenta e vicepresidenta do COTSG, coa Dirección Xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado e Sonia Piñeiro.  
  • 25.03.2023 Asemblea do Consello Xeral de Traballo Social  
  • 31.03.2023 Gala do Día Mundial do Traballo Social  

Resumo de iniciativas enmarcadas na Defensa da Profesión do COTSG: 

Recursos de reposición:

  • Concello de Vilasantar: (27 de marzo)  
    • “Bases específicas do proceso selectivo para a cobertura definitiva da praza de traballadora social”
    • Non axustarse a selección cos principios de mérito, capacidade e igualdade. 
  • Concello A Garda: (27 de marzo) 
    • “Bases específicas do proceso selectivo de estabilización de emprego do posto de técnico local de emprego” 
    • Incluír necesariamente ao Traballo Social nas titulacións que dan acceso á selección do posto de Técnico local de emprego. 
  • Concello Nigrán: (27 de marzo) 
    • “Bases e convocatoria para a formación dunha bolsa de emprego para a provisión de postos de traballo de carácter temporal na categoría de axente de emprego e desenvolvemento local”
    • Incluír necesariamente ao Traballo Social nas titulacións que dan acceso á selección do posto de Axente de emprego e desenvolvemento local.  
  • Concello de Laracha (9 de marzo)
    • “Bases para a creación dunha bolsa de emprego para o posto de técnico de grao medio de servicios sociais” 
    • Esixir que a titulación de Traballo social É A ÚNICA que podería esixirse.  

Outras iniciativas deste tipo: 

  • Concello de Ribadumia: (marzo)  
    • Escrito a alcaldía  
    • Nota de prensa 
    • Escrito á valedora do pobo  
      • Funcionamento anómalo en Servizos Sociais e falta de transparencia e información tras as solicitudes enviadas desde este colexio profesional.  

O COTSG nos medios:  

Os medios de comunicación fixéronse eco da queixa do COTSG ante a Valedora do Pobo sobre a falta de transparencia do Concello de Ribadumia.  

Entrevista a Miriam Rodríguez, presidenta do COTSG, con motivo da Gala do 40ª aniversario na Cadena SER https://t.co/ZM2qOAM0AR  

Destacamos: 

O Traballo Social galego reivindica a súa contribución ao Estado do Benestar nunha gala en Santiago. Accede á nova aquí

 A formación en marzo:  

Iniciáronse as seguintes accións formativas: 

  • “Apuntes prácticos para a elaboración de Informes Sociais”, en colaboración coa Deputación de A Coruña, con 30 participantes 
  • Fomentando a inclusión desde o Traballo Social: o colectivo LGTBI+ e as súas necesidades específicas. Recursos e axudas” con 28 participantes. 

Continúa aberto o prazo de inscrición para outras accións formativas do COTSG que se van desenvolver nos vindeiros meses: 

Publicáronse  21 accións de formación, externas ao COTSG, de interese para a profesión.