Aquí vai un resumo das accións levadas a cabo durante o mes de maio!
04.05.2022. O departamento de Comunicación mantén unha xuntanza co Colexio de Xornalismo para trazar liñas de colaboración con perspectiva social nas novas dos medios de comunicación.
07.05.2022. A Traballadora social Isabel Redondo acude en representación do COTSG ás Xornadas Interdisciplinares de FAGAL
11.05.2022. A vicepresidenta Ana Vilar e a vogal e responsable da Comisión de Infancia e Familia, Elena Gómez, reúnense coa Dirección Xeral de Familia, infancia e Dinamización Demográfica para trasladarlle a análise do sistema de protección de menores de idade en Galicia elaborada pola Comisión.
11.05.2022. Xunta de Goberno
12.05.2022. Reunión de Tesourería coa Xestoría “Xestión social” para o análise e elaboración de orzamentos
12.05.2022. Xuntanza Grupo de Traballo de Servizos Sociais Comunitarios
12.05.2022. Xuntanza Grupo de Traballo e Inclusión Social
18.05.2022. Xunta de Goberno: Preparar Asemblea 2022
19.05.2022. Xuntanza Grupo de Traballo en Educación
23.05.2022. Reunión interna na posta en marcha de melloras tecnolóxicas para a colexiación
26.05/27.05/28.05.2022. O COTSG acude ao Congreso Estatal de Traballo social
27.05.2022. A Vicepresidenta, Ana Vilar, recibe o premio de Unión Profesional pola súa traxectoria laboral. Recolle o premio a vogal Elena Gómez.
DEFENSA DA PROFESIÓN MAIO
- Alegación á Relación de Postos de Traballo do Concello de Vilagarcia de Arousa
- CAMPAÑA DO SÍNDROME DE BURNOUT:
- Escrito aos diferentes Organismos e institucións a situación de maltrato laboral e falta de recoñecemento da nosa profesión esencial
- Campaña en medios de comunicación
- Consideracións aos Servizos Centrais do SERGAS ante a exclusión do Traballo social nos GT en atención a saúde mental ás persoas refuxiadas en Ucraína.
- Recurso potestativo de Reposición fronte as bases dunha praza de Educación Familiar no Concello de Vilasantar, ao excluír a Traballo Social.
- Solicitude de información á Mancomunidade de Ordes respecto ao procedemento de xestión e actualización dos chamamentos da Bolsa de Emprego de Traballo social .
- Recurso Potestativo de Reposición fronte as bases de contratación de Traballo social do SAF no Concello de Verín.
NOVAS IMPORTANTES
- Convocatoria da Asamblea Xeral
- Asistencia ao congreso estatal de Traballo Social
- Premios Unión Profesional: Concesión do premio a Ana Vilar, Vicepresidenta do COTSG.
- Posta en marcha da campaña sobre o Síndrome de Burnout ou esgotamento profesional.
Iniciáronse as seguintes accións formativas:
- “A xestión dos SS.SS Comunitarios. Unha proposta desde o Traballo Social” con 35 participantes.
- “Intervención social con persoas con enfermidade mental (2022)” en colaboración coa Deputación de Ourense na que participan 25 profesionais.
Remataron as seguintes formacións:
- “Intervención social con persoas sen fogar” en colaboración coa Deputación da Coruña no que participaron 7 profesionais.
- “Elaboración de artigos científicos e sistematización de experiencias” con 15 participantes.
- “Intervención social con persoas con discapacidade” que contou coa participación de 40 persoas.
- “Xestión e Coordinación do SAF”, con 31 participantes.
Celebrouse o primeiro Obradoiro de Autocoidado “Estoume coidando como profesional?” impartido por Maika Sieiro e no que participaron 12 persoas.
Continúa aberto o prazo de inscrición para outras accións formativas do COTSG que se van desenvolver nos meses seguintes:
- Coidar na casa; Intervención social con coidadoras informais
- Atención integral a persoas ao final da vida
- Obradoiro de Autocoidado [Mindfulness aplicado ao Traballo Social]
- [NOVO] Traballo social forense en procesos civís e penais. Intervención con menores.
- [NOVO] Informe de valoración de apoios
- Obradoiros de Autocoidado
Publicáronse 33 accións de formación, externas ao COTSG, de interese para a profesión.