RESUMO MENSUAL DE ACTIVIDADES: FEBREIRO DE 2023
Data: Marzo 29, 2024

RESUMO MENSUAL DE ACTIVIDADES: FEBREIRO DE 2023

06.02.2023.- Día de Tolerancia Cero coa mutilación xenital femenina

07.02. 2023.- Reunión de Organización da Gala do Día Mundial 2023

09.02.2023.- Reunión do departamento de “Defensa da Profesión” para organizar as actividades e actuacións neste ano, 2023.

10.02.2023.- Organización e reunión do plan de comunicación da Gala do Día Mundial de Traballo Social.

10.02.2023.- A presidenta e vicepresidenta do COTSG, Miriam Rodríguez e Ana Vilar reúnense cos partidos políticos para trasladar o Novo Modelo de SS.SS. Neste día, a reuníon Mantense con Olalla Rodil, parlamentaria polo BNG.

11.02.2023.- Día  da Nena e da Ciencia

15.02.2023.- O BNG reúne ás profesión sanitarias para proponer melloras no sistema de saúde galego. Acude a presidenta, Miriam Rodríguez, e a coordinadora do COTSG, Nerea Fernández.

15.02.2023.- A presidenta do COTSG, Miriam Rodríguez, e a coordinadora, Nerea Fernández, manteñen unha reunión co PSOE para conversar do Novo Modelo de Servizos sociais e o anteproxecto de Lei.

15.02.2023.- Xuntanza do Grupo de Traballo de feminismos “ As sementeiras” para preparar as actividades do 8M.

20.02.2023.- Día Mundial da Xustiza Social

22.02.2023.- Reunión de Xunta de Goberno

28.02.2023.- ASEMBLEA ORDINARIA do COTSG

Na defensa da profesión no mes de febreiro:

  • ESCRITO presentado ao Instituto de Vivenda e solo: Logo de ter recibido numerosas queixas e reclamacións efectuadas por profesionais do Traballo Social relativas ao desenvolvemento práctico do Real Decreto 42/2022, do 18 de xaneiro, polo que se regula o Bono Alugueiro para persoas mozas e o Plan Estatal para o acceso á vivenda 2022-2025, xa que se observa que na práctica estase derivando de xeito incorrecto aos Servizos Sociais Comunitarios a tramitación destas axudas o que implica un notable incremento no volume de traballo que está a prexudicar considerablemente a este servizo público
  • ESCRITO a Función Pública solicitando información sobre a interpretación da actualización dos méritos do procedemento selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/21

Recursos de reposición a:

  • RPT do Concello de Chantada
  • Concello de Mos
  • Pobra do Caramiñal
  • Monforte de Lemos