Aquí vai un resumo das accións levadas a cabo durante o mes de xuño!
15/06/2022 Asamblea Xeral correspondente ao ano presente, 2022.
21/06/2022 Comparecencia de Ana Rodríguez, secretaria do COTSG no Parlamento de Galicia dentro da Comisión de Igualdade
27/06/2022 Sesión informativa ao alumnado de 4º Curso de Traballo Social, na Universidade de Santiago de Compostela.
28/06/2022 Asistencia ao Consello Galego de Benestar
Defensa da profesión neste mes de xullo:
Recurso Potestativo de Reposición fronte as Bases da Mancomunidade de Concellos de Santa Águeda
Escrito de recomendación nomenclatura Traballo Social Concello de Cerdedo-Cotobade
Escrito de solicitude de información proceso selectivo Concello de Ferrol
Escrito de solicitude de información proceso selectivo Concello de Dodro
Escrito de recomendación nomenclatura Traballo Social Concello de Cedeira
Escrito de recomendación nomenclatura Traballo Social Concello de Vilanova de Arousa
Accións formativas:
Iniciáronse as seguintes accións formativas:
Remataron as seguintes formacións:
- “A xestión dos SS.SS Comunitarios. Unha proposta desde o Traballo Social” con 35 participantes.
- “Intervención social con persoas con enfermidade mental (2022)” en colaboración coa Deputación de Ourense na que participan 25 profesionais.
- “Introdución á Ética da intervención social 2022” realizado en colaboración coa Deputación de Ourense con 15 participantes.
- “Acollemento familiar con menores do sistema de protección” no que tomaron parte 20 profesionais.
Celebrouse o segundo Obradoiro de Autocoidado “Mindfulness aplicado ao Traballo Social” impartido por Maika Sieiro e no que participaron 15 persoas.
Continúa aberto o prazo de inscrición para outras accións formativas do COTSG que se van desenvolver nos meses seguintes:
- Coidar na casa: Intervención social con coidadoras informais
- Atención integral a persoas ao final da vida
- Traballo social forense en procesos civís e penais. Intervención con menores.
- Obradoiros de Autocoidado
Publicáronse 31 accións de formación, externas ao COTSG, de interese para a profesión.