¿QUE ACCIÓNS LEVOU A CABO O COTSG DURANTE O MES DE SETEMBRO?
01.09.2021 Reunión interna coa Secretaría do COTSG sobre Cotas de colexiación
02.09.2021 Xunta de Goberno
08.09.2021 Xunta de Goberno extraordinaria
08.09.2021 O COTSG reúnes co responsable informático do COTSG para traballar na posta en marcha do novo Software
14.09.2021 A Xunta de Goberno e o COTSG reúnense coa Universidade de Vigo respecto ao diagnóstico da situación dos Servicios sociais comunitarios na Comunidade Autónoma de Galicia.
24.09.2021 Xunta de Goberno
28.09.2021 Reunión coas Traballadoras sociais das Oficinas de Atención ás Vítimas dos Xulgados
28.09.2021 Reunión da mesa de redacción da Revista Fervenzas
29.09.2021 Xuntanza do Grupo de Traballo Social e Servizos sociais comunitarios
FORMACIÓN
- Iniciáronse as seguintes accións formativas:
- “Introdución á Ética da intervención social_2ª edición” en colaboración coa FEGAMP na que participan 20 profesionais.
- “Intelixencia Emocional aplicada ao C.Deontolóxico do T. Social”, con 25 persoas participantes.
- Rematou o curso “Cómo facer un Informe Social” que contou con 45 persoas.
- Continúa aberto o prazo de inscrición para outras accións formativas/webinars do COTSG que se van desenvolver no derradeiro trimestre do ano:
- Curso COTSG: O Traballo Social no Exercizo Libre
- Webinar [Problemas frecuentes nos Internamentos Involuntarios Residencias. Retos da nova lei 8/2021 desde a perspectiva do Traballo Social]
- Curso COTSG: A supervisión: un instrumento para a calidade da intervención social e o autocoidado das/os profesionais
- Curso COTSG: Intervención social con persoas que presentan problemas relacionados co consumo de drogas e outras condutas aditivas
- Webinar [A Supervisión profesional: Un dispositivo para a calidade da intervención e o autocoidado profesional]
- Curso COTSG: Intervención social con mulleres e nenos/as vítimas de violencia sexual (Dirixido ás/aos profesionais da Quenda de Garda de T. Social)
- Publicáronse 66 accións de formación, externas ao COTSG, de interese para a profesión.
DEFENSA DA PROFESIÓN
- O Colexio de Traballo Social de Galicia alerta nos medios do desamparo social nos centros educativos da comunidade galega, e presta todo o seu apoio ao Colexio de Educación Especial Público Saladino Cortizo (Vigo) pola retirada da Traballadora Social por parte da Consellería de Educación e Xunta.
- O COTSG quere contar con toda a colexiación para o envio de achegas e opinións para a Modificación da Lei de Inclusión, abrindo así un prazo interno do 1 ao 8 de outubro ás 15:00 horas para que remitades as vosas consideracións a través de info@traballosocial.gal, sendo valoradas para o seu posterior traslado conxunto a través do formulario habilitado ao respecto. Accede o documento e a nova completa aquí.
- Publicación de ofertas de emprego: 72
OUTRAS ACCIÓNS:
- O día 1 abriuse o prazo para a presentación de candidaturas dentro do proceso electoral do COTSG
- Desde o Xoves ata o 14 de outubro ás 23:59 o Colexio de Traballo social regala 3 entradas para asistir de xeito presencial ao XVI Congreso Estatal e ao II Congreso Iberoamericano de Traballo Social, que terá lugar en Maio de 2022 en Cidade Real., participación mediante Instagram e Facebook.