RESUMO DAS ACTIVIDADES DO EQUIPO E A XUNTA DE GOBERNO DO COTSG DO MES DE OUTUBRO DE 2021
Data: Marzo 28, 2024

¿QUE ACCIÓNS LEVOU A CABO O COTSG DURANTE O MES DE OUTUBRO?

04.10.2021. Reunión Seguimento novo Software co responsable informático do COTSG.

05.10.2021. A Xunta de goberno e a Coordinadora do Grupo de Inclusión, Nuria Chao, manteñen unha reunión coa Dirección Xeral de Inclusión Social para trasladar propostas para a nova Lei de Inclusión.

06.10.2021. Reunión do Grupo de Traballo social e feminismos.

08.10.2021. A coordinadora do COTSG, Nerea Fernández, acude A xornada de Saúde Mental da Xunta de Galicia

08.10.2021. Reunión do Grupo de TRaballo social e SAF

13.10.2021. Webinar “Problemas frecuentes nos internamentos involuntarios residenciais. Retos da Nova Lei 8/2021, desde a perspectiva do Traballo social”.

18.10.2021. Webinar “A supervisión profesional: un dispositivo para a calidade da intervención e o autocoidado profesional”.

19.10.2021. A Vogal, ana Rodríguez, asiste ao Consello Galego de Benestar Social da Xunta de Galicia.

21.10.2021. Reunión da Xunta de Goberno con Sonia Piñeiro, Subdirectora xeral de Servizos Sociais Comunitarios e Xestión Económica, para o seguimento do novo portal MATIASS.

22.10.2021. Reunión da Comisión de Infancia e Familia.

26.10.2021. Reunión da Comisión Deontolóxica.

29.10.2021. Xunta de Goberno.

Formación:

Iniciáronse as seguintes accións formativas:

  • “Intervención Social con Mulleres e nenos/as vítimas de V.Sexual”, con 69 participantes.
  • “Intelixencia Emocional aplicada ao C.Deontolóxico do T. Social”, con 25 persoas participantes.

Remataron os cursos:

  • “Responsabilidade Social de Xénero” que contou con 14 persoas.
  • “Intelixencia Emocional aplicada ao C.Deontolóxico do T.Social, con 25 persoas.
  • “Introducción á Etica da Intervención Social”, promovido pola FEGAMP, con 20 participantes.

Celebráronse 2 webinars:

Publicáronse 64 accións de formación, externas ao COTSG, de interese para a profesión.

Outras actividades:

  • O COTSG abre o prazo entre o 6 e o 20 de novembro  para NOVAS inscricións nas listaxes profesionais de aplicación no ano 2022.
  • O COTSG abre o prazo ata o 12 de novembro para o envío de propostas de teleformación de cara o ano 2022.
  •  Reclámase o desenvolvemento dunha rede de recursos terapéuticos especializados para persoas cunha demencia neurodexenerativa levados a cabo con profesionais especializados.
  • O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia reúnese coa Dirección Xeral de Inclusión social para trasladarlle as propostas iniciais traballadas en conxunto cos Grupos de Traballo Social e Servizos Sociais máis o Grupo de Traballo de Inclusión Social, en canto á inminente reforma da Lei de inclusión.