RESUMO DAS ACTIVIDADES DO EQUIPO E A XUNTA DE GOBERNO DO COTSG DO MES DE DECEMBRO DE 2021
Data: Abril 19, 2024

RESUMO DE ACTIVIDADES

01.12.2021 A coordinadora do COTSG, Nerea Fernández, asiste á presentación do documental “A vivenda, un ben social”? dirixido pola Traballadora social Sagrario Fernández e o Director Xosé Bocixa

13.12.2021 Reunión interna do COTSG con Secretaría e responsable informático para traballar no novo Software

14.12.2021 Webinar de presentación do novo portal Matiass

18.12.2021 A vogal Ana Vilar máis a presidenta do COTSG Miriam Rodríguez, asisten como vogais á Asemblea Xeral do Consello Xeral

30.12.2021 O Secretario, Antonio Doval, asiste á Asemblea de Unión Profesional

FORMACIÓN

Presentación dos próximos cursos online despois da convocatoria de teleformación do COTSG.

Ábrese o prazo de inscrición para o curso: “Intervención social con persoas con discapacidade. Impacto da nova reforma lexislativa”.

Publicáronse 63 propostas de formación externa.