Proxecto Rumbo: Atención sociosanitaria de proximidade para persoas con dano cerebral adquirido
Data: Maio 9, 2024

O Proxecto Rumbo é un proxecto piloto que propón implantar un novo modelo de apoio á autonomía persoal e ao coidado das persoas con discapacidade co obxectivo de manter ás persoas na súa contorna, facilitando formas de vida inclusivas en condicións de seguridade, accesibilidade e benestar.

Todas as persoas con dano cerebral adquirido que reúnan as seguintes condicións:
– Ser maior de 18 anos.
– Estar en fase crónica/mantemento, e presentar secuelas susceptibles de intervención por parte de persoal
sociosanitario.
– Que se careza de recursos sociosanitarios/asistenciais e/ou asociativos especializados na súa contorna.
– No caso de existir eses recursos, que a asistencia aos mesmos se vexa limitada por:

  • Motivos económicos.
  • Motivos de acceso por razóns de distancia, accesibilidade, mobilidade ou dependencia dunha terceira persoa, entre outras.

Para obter maior información preme aquí: Folleto-Rumbo e tamén aquí.