Programa: EmpleArte
Data: Abril 24, 2024

Programa impulsado por Fundación Santa María a Real, cofinanciado polo Fondo Social Europeo (dentro do programa POISES) e a Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.

EmpleArte é un programa de orientación laboral gratuíto para axudar a persoas maiores de 45 anos en situación de desemprego de longa duración a reactivar a súa procura de emprego. A súa innovación reside no uso de técnicas e procesos creativos de varias disciplinas artísticas para motivar ás persoas participantes, fomentar o seu crecemento persoal e a partir de aí reactivar a súa procura de emprego no novo mercado laboral.

As persoas interesadas en participar no programa, totalmente gratuíto, deben encher o formulario de inscrición habilitado aquí. 

Para máis información accede aquí.