Convocatoria Premios Día Mundial do Traballo Social 2025

O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia quere incentivar a participación das persoas colexiadas e ao mesmo tempo, divulgar a súa labor profesional entre a sociedade. Para iso, organiza estes premios de carácter anual co propósito de contribuir  a acadar ambos fins.

O COTSG premiará no vindeiro ano 2025, unha investigación, un traballo de fin de grao (TFG) ou fin de máster (TFM) e unha experiencia de boa práctica realizada na Comunidade Autónoma de Galicia. Todas elas relacionadas coa disciplina do traballo social.

Só se poderá concurrir a unha das modalidades.

O prazo estará aberto dende o 13 ata o 28 de febreiro de 2025

Para máis información:

Documentación necesaria:

Anexo III.1. Artigo Científico 2025

Non é preciso facelo no modelo que se achega. O que se pide é que conteña todos os puntos que figuran no mesmo.

Anexo III.2. Informe de Boa Práctica 2025

 Non é preciso facelo no modelo que se achega. O que se pide é que conteña todos os puntos que figuran no mesmo.

Resolución:

Entrega premios DMTS 2021

I Concurso de Fotografía Social do COTSG

Galiza Avellentada
A Galiza avellentada

A redución da natalidade diminuiu pola base a pirámide de poboación. O aumento da lonxevidade engrosou a súa parte alta e a intensa emigración minou a poboación de idade adulta-media. Na foto, a tía. Finou hai uns meses. Deixou unha morea de contos na nosa memoria e unha casa pechada no pobo. No rural mórrese a diario pero mentras se vive, hai que facelo con dignidade. Por iso é un deber protestar fronte ao desmantelamento dos servizos básicos no rural.

previous arrow
next arrow