Portal de transparencia
Benvido ao Portal de Transparencia do Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia
Conforme ao establecido na Lei 19/2013, do 9 de decembro, de Transparencia, Acceso á Información Pública e Bo Goberno, esta corporación pon ao dispor dos usuarios este portal co fin de dar a coñecer a súa actividade, de acordo cos principios xerais establecidos na devandita Lei en materia de publicidade activa e en relación ao desenvolvemento das súas actividades no marco das funcións públicas que lle foron atribuídas.
Os Colexios profesionais son corporacións de Dereito Público, amparadas pola lei e recoñecidas polo Estado,con personalidade xurídica propia e plena capacidade para o cumprimento dos seus fins (art. 1.1 Lei 2/1974, do 13 de febreiro, de Colexios Profesionais). Pola súa natureza mixta, os Colexios desenvolven funcións públicas, pero tamén levan a cabo actividades e prestan servizos aos seus colexiados en réxime de dereito privado. Son funcións públicas dos Colexios, entre outras, a ordenación do exercicio profesional, o control do cumprimento das normas deontolóxicas, o exercicio da potestade sancionadora, os recursos procesuais, a defensa dos dereitos e intereses de consumidores e usuarios, etc.