Entidade Ofertante

Traballador/a Social

Entidade Ofertante

Dano Cerebral Galicia
Descrición do posto:

OFERTA DE EMPREGO

Posto de traballador/a social na sede de Dano Cerebral Galicia en Santiago de Compostela, con saídas  frecuentes para a execución de actividades.

As persoas candidatas, entre outros requisitos, deben:
🔹 Ter titulación universitaria en Traballo Social e especialización no ámbito da discapacidade, prioritariamente no dano cerebral ou en discapacidade intelectual e cognitiva, en xeral.
🔹 Dispoñer de carné de conducir e vehículo propio e ter dispoñibilidade de mobilidade xeográfica polo territorio galego.
🔹 Estar desempregadas e inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia.

As funcións do posto inclúen, entre outras tarefas, a participación e a coordinación das distintas fases de deseño e execución de proxectos do ámbito do traballo social orientados a promover e alcanzar a máxima autonomía persoal, determinación social, e independencia das persoas con dano cerebral adquirido e as súas familias, así como a implicación en accións informativas e de sensibilización sobre esta discapacidade.

Ofrécese:
📝 Contrato de 12 meses de duración, vencellado ao Programa de Cooperación. O período de contratación estimado está comprendido entre o 📅 10/12/2024 e o 09/12/2025.
💵 Condicións salariais segundo o Convenio Colectivo de Centros de Atención a Persoas con Discapacidade.
🗂  Xornada laboral do 75%.
⏰  Horario de traballo de 8:30h a 14:30h de luns a venres

ℹ️ As persoas interesadas teñen a información completa na nosa páxina web:

https://fegadace.epreselec.com/Ofertas/Ofertas.aspx?Id_Oferta=3073357

 

Tipo de emprego: Privado
Ir a oferta:
Localización: Santiago de Compostela. A Coruña

Contacto

654866967