Entidade Ofertante

Traballador/a social director/a

Entidade Ofertante

Asociación Edad Dorada Mensajeros de la Paz
Descrición do posto:

Estudos mínimos:

Diplomatura ou Grao en Traballo Social

Experiencia mínima

2 anos en centros de atención a persoas maiores

Requisitos mínimos

– Diplomatura ou Grado Universitario en Traballo Social. Valorable Máster en Xerontoloxía Clínica ou Social
– Formación en Dirección de Centros Residenciais ou outras áreas de coñecemento relacionadas co ámbito de atención a dependencia
– Desexable formación ou experiencia en RRHH.
– Experiencia mínima de 1 ano en posto de Dirección e/ou responsabilidade en área de xestión de Sector Hospitalario, Socio-Sanitario o Residencial.
– Experiencia en Coordinación/Dirección de Centros Residenciais, Sector Hospitalario, Socio-Sanitario ou Residencial.
– Se valorará positivamente a dispoñibilidade de cursos de formación relacionados en modelos de atención centrada na persoa.

Descrición

A Asociación Edad Dorada Mensajeros de la Paz, selecciona Director/a para Residencia Mi Casa emprazada en Ferrol (A Coruña). A súa función será realizar labores de dirección e traballo social, seguimento das diferentes áreas, garantindo o benestar integral dos/as residentes.

Funcións:

  • Xestión de persoal e coordinación de equipos de traballo.
  • Realizar as quendas de traballo e coordinar as tarefas do persoal auxiliar xerocultor, servizos varios, recepción e mantemento.
  • Coordinación da selección e integración de novos profesionais. Preparación da documentación para tramitar altas e baixas de persoal.
  • Relación con familiares e usuarios/as. Valoración anual do grado de satisfacción dos/as usuarios/as e familiares. Valoración social do residente. Análise da evolución e coordinación dos plans de atención individuais.
  • Contacto continuado con organismos e institucións relacionadas co sector.
  • Supervisión de que toda a documentación oficial do Centro está actualizada
  • Velar polo cumprimento das normativas vixentes en materia de Sanidade, Servizos Sociais, PRL, LOPD, etc.
  • Xestión e seguimento dos diferentes Sistemas de Calidade implantados.
  • Realizar os Informes Sociais do residente e actualizalos cando sexa convinte.
  • Cubrir as prazas vacantes e realizar valoración previa o ingreso de novos residentes e coordinar co resto do equipo a entrada e integración do usuario.
  • Recompilar previo ó ingreso a documentación de atención ó residente, a historia clínica e os rexistros de ámbitos diferentes ó Traballo Social, para poder ter toda a información sobre o estado do  residente e a súa evolución, para planificar as diversas actividades e avaliar a atención que se lle proporciona.
  • Comunicar os ingresos non voluntarios ó Xulgado, as presuntas incapacidades legais, así como acompañar as valoracións forenses
  • Fomentar a integración e participación dos residentes na vida do centro e, a vez, evitar que se produza un illamento co entorno e a familia.
  • Actualizar datos persoais e familiares dos residentes.
  • Coordinar as actividades de ocio coa TASOC e Terapeuta Ocupacional, avaliando semestralmente as actividades no Programa Anual de Actividades do centro.
  • Outras actividades que requira o posto.

Ofrécese:

– Xornada Completa
– Contrato un ano
– Incorporación febreiro 2022.

Interesados remitir CV a residenciaferrol@edaddoradaclm.es

Tipo de emprego: Privado
Ir a oferta:
Localización: Ferrol

Contacto