O COTSG vén de manter unha reunión coa Dirección xeral de Inclusión Social na Xunta de Galicia
Data: Maio 6, 2024

O Colexio de Traballo Social vén de manter unha reunión coa Dirección xeral de Inclusión Social na Xunta de Galicia para tratar o seguinte:

  • Os cambios que se van producindo na nova Lei de Inclusión (no que se indica garantir conceder máis importancia á intervención social, reducir os procesos burocráticos unificando sistemas de soporte e a dotación de orzamento económico a través do Plan Concertado).
  • A implementación do IMV e a RISGA.
  • Modificación da Lei 8/2021 e o instrumento do Informe social.

O COTSG puxo de manifesto a obrigatoriedade de estar presente en calquera das normativas que se están poñendo en marcha (Lei 8/2021, Borrador da nova Lei de dependencia, etc.), entendendo que existe unha necesidade de valoración social, un acompañamento e un diagnóstico social coas persoas con necesidades ou desaxustes en diferentes ámbitos das súas vidas.

Asemade, fixemos fincapé na importancia da coordinación de todos os sistemas que operan no social (vivenda, seguridade social, etc.), así como o reforzo de persoal das Equipas sociais en Galicia (Servizos sociais, xustiza cos creación das Oficinas de Atención Social, saúde, Inclusión, etc.).

Puxemos en valor a esixencia de salarios dignos aos Concellos das Traballadoras sociais galegas, sendo soldos moi baixos e condicións de traballo complexas. Sendo unha profesión altamente feminizada, a Xunta debe de loitar por non precarizar esta rama dos coidados e esixir salarios dignos e estabilidade laboral