Con motivo das vindeiras eleccións autonómicas, o Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia estivo a traballar nun documento de propostas políticas, no que se involucrou a colexiación a través dunha mesa de traballo.
O Traballo Social mantén unha forte ligazón cos servizos públicos, vinculándose estreitamente coas políticas sociais que os partidos políticos desenvolven desde as administracións públicas. Neste contexto, o COTSG aproveita a convocatoria electoral, na cal se decidirá o novo goberno autonómico, para trasladar as súas propostas pensadas dende o Traballo Social.
Grazas a este proceso, elaborouse o seguinte documento de propostas políticas, que se enviará aos distintos partidos que concorren ás eleccións autonómicas do vindeiro 18 de febreiro. Dende o Colexio, agradécese a participación das persoas colexiadas neste documento, así como a acollida do mesmo por parte dos partidos políticos.