O COTSG convoca os premios do “Día Mundial do Traballo Social 2024”
Data: Maio 7, 2024
O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia (COTSG) convoca unha nova edición dos premios do Día Mundial do Traballo Social 2024, cos que recoñecer, premiar e divulgar traballos de investigación e boas prácticas relacionadas coa profesión en Galicia. Os premios contan con tres categorías: investigación, boas prácticas e Traballos de Fin de Grao ou de Máster.

Poderán presentarse a estes premios persoas colexiadas ou precolexiadas. O COTSG premiará cun diploma acreditativo e 1.000 euros ás persoas gañadoras na categoría de investigación e boas prácticas, e co correspondente diploma e 300 euros na categoría de TFG e TFM. O prazo para inscribirse neste certame comeza o 10 de novembro de 2023 e rematará o 27 de xaneiro de 2024. 

As bases dos premios están dispoñibles aquí.