Novo observatorio de vivenda asequible
Data: Marzo 29, 2024

O problema da vivenda alcanzable afecta no noso país a 4,5 millóns de persoas que se atopan en situación de exclusión residencial.

Causas como o alto prezo na compra e o alugueiro dunha vivenda, a falta de vivendas sociais e alcanzables ou o orzamento destinado ao gasto na vivenda provocan un aumento no número de desafiuzamentos, menor acceso a unha vivenda nas persoas mozas e o endebedamento familiar.

A entidade Provivienda, crea este observatorio, para visibilizar as situacións que se están dando en España neste ámbito concreto.

Podedes acceder ao Observatorio aquí: https://provivienda.org/observatorio/