II Foro Xuntos fronte aos abusos
Data: Abril 25, 2024

O próximo 29 de novembro, de 09:00 a 14:30 horas, a Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia organiza o II Foro XUNTOS fronte aos ABUSOS, unha xornada na que dez profesionais multidisciplinares de recoñecido prestixio na actuación e tratamento fronte aos abusos sexuais na infancia compartirán os seus coñecementos. Será en charlas de 20 minutos nas que procurarán condensar toda a súa experiencia acumulada.

A cita será no Auditorio Fontán da Cidade da Cultura de Galicia e o aforo estará limitado a 244 persoas, polo que agradecemos reserves a túa praza canto antes enviando un correo ao mail produccion@enxenogalicia.com

Accede ao programa aquí: programadefinitivo_xuntosnosabusos