COMISIÓNS E GRUPOS DE TRABALLO
Os grupos de traballo son unha ferramenta proactiva e flexible para potenciar os compromisos co estudantado e profesionais do traballo social. Teñen como obxectivo o estudo das necesidades dos diferentes colectivos nas distintas áreas de traballo, introducir novas propostas para a resolución de conflitos, favorecer o desenvolvemento e ampliación de coñecementos, así como ofrecer o espazo para a mellora das relacións e coidados grupoas entre profesionais, estudantado e o COTSG.
Os grupos de traballo funcionan e se organizan en base ao Regulamento Grupos Traballo aprobado pola Xunta de Goberno en setembro de 2023 que ten como obxectivo establecer unhas normas e uns criterios comúns para todos eles.
Comisións
Comisión Deontolóxica
Órgano independente adscrito ao COTSG que ten como finalidade promover o compromiso ético dos/as profesionais do traballo social, así como velar polo cumprimento do Código Deontolóxico.
Comisión de Infancia e Familia
Nace co obxectivo de asesorar ao COTSG en canto ás políticas públicas de protección da familia e da infancia. Analiza as eivas do Sistema de Protección de menores e reclama a mellora do mesmo en canto a ratios, cobertura de prazas, clarificación de funcións, especialización dos/as profesionais…etc.
Grupos de Traballo
Traballo social e SAF
Nace coa finalidade de contribuír e compartir as problemáticas máis comúns na xestión e coordinación dos Servizos de Axuda no Fogar tanto públicos como privados, traballar na creación de modelos, protocolos e ferramentas de traballo que contribúan a mellorar a xestión do servizo, realizar propostas ou modificacións para demandar ás administracións a nivel normativo e de inspección, valorar a situación laboral dos/as técnicos/as de xestión do SAF tanto a nivel de ratio como de función e crear un espazo de diálogo e reformulación do SAF de cara ao futuro.
Traballo social e inclusión
Xorde a partir das inquedanzas profesionais dun grupo de traballadoras sociais da Estratexia de Inclusión Social de Galicia, co obxectivo de defender as políticas e actuacións encamiñadas a lograr a inclusión sociolaboral das persoas en situación ou risco de exclusión social, visibilizar o traballo das equipas e traballadores/as sociais da EIS, recuperar a rede creada e a coordinación neste eido e crear novos espazos de intercambio de experiencias.
Traballo social e saúde mental
Visibilizar a figura do Traballo Social no ámbito de saúde mental e loitar por establecer unha intervención social de calidade e reivindicar as eivas que se detectan na actualidade
Traballo social en educación
Recupera e visibiliza a figura do/a traballador/a social no sistema educativo.
Traballo social e SS.SS. comunitarios
Loita por garantir unha intervención social de calidade e Reivindicar as eivas atopadas no sistema básico de Servizos Sociais (ratios, salarios, convocatorias, excesiva carga burocrática, etc.)
Traballo social e feminismos
Espazo de loita e debate, onde se potencia o activismo social feminista para sensibilizar, protexer e impulsar os dereitos do colectivo feminino dentro de calquera eido da sociedade.
Traballo social e exercicio libre
Visibilizar novos nichos de mercado e compartir experiencias laborais no exercicio libre do traballo social a coñecer a situación laboral dos/as traballadores/as sociais que exercen por conta propia
FORMULARIO PARA OS GRUPOS DE TRABALLO
Se queres inscribirte ou polo contrario solicitar a baixa do grupo de traballo, podes solicitalo a través do seguinte formulario.
Resposable | Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia (COTSG). |
Finalidade | Atender a súa solicitude de contacto. |
Lexitimización | O remitirnos a súa consulta consideramos que estamos lexitimados para tratar os seus datos. |
Destinatarios | O datos de contacto non serán cedidos a terceiros. |
Dereitos | Pode opoñerse o tratamento de seus datos e exercitar o resto de dereitos consultando a información adicional. |
Información adicional | Para máis información, consulte a nosa POLITICA DE PRIVACIDADE. |