Facer pausas mentras estas no traballo é importante. As pausas activas, aínda que sexan dun minuto, actúan de refuxio interno ante momentos de ansiedade e crisis. Podes elixir:
- Facer uns estiramentos naquelas zonas corporais que sintas máis cargadas.
- Incorporar movementos activos, por exemplo, dar un paseo dun minuto.
- Cambiar de ambiente, ir a outra estancia ou espazo.
- Implementar pequenas meditacións e/ou respiracións.
- Adicar un momento simplemente a observarnos a nós, as nosas sensacións e tamén observar ao noso redor.
Todo isto posibilita crear un espazo propio e voluntario, que podemos ir cultivando e adaptando as nosas necesidades, aprendendo a súa vez ferramentas de afrontamento ante situacións de ansiedade.