Ás veces a nosa mente queda atrapada no pasado ou no futuro deixando atrás os beneficios de vivir no presente. Neste post de hoxe encontrarás un exercicio sinxelo de autoindagación sobre canto vives no presente, que te levará a reflexionar:
- Pensa nun lugar que coñezas ben, ao que vaias con regularidade. Quizais o teu sitio de traballo, o supermercado, ou o teu barrio da infancia.
- Debuxa un mapa dese lugar nunha folla grande e engade tantos detalles como che sexa posible.
- Escribe indicacións, como nomes de tendas, de postos de traballo, carteis que encontres sempre no mesmo lugar ou nomes de rúas, cores, olores…
- O próximo día que vaias a ese lugar, observa con máis atención da habitual, é dicir, conscientemente. Puideches captar máis detalles dos que xa sabías previamente?
- Tamén podes aplicar este exercicio a partes da túa vivenda, un armario, obxectos decorativos…é posible que te decates de que non che resultan tan familiares como crías.
Este é un exercicio para practicar vivir no presente á vez que avaliamos canto estamos nel, ou cantas veces habitamos estancias estando metid@s nos nosos propios pensamentos.
*Exercicio incluido no libro: Mindfulness práctico. Guía paso a paso. Autor: Ken A. Verni