Estrutura organizativa

O COTSG para o cumprimento dos seus fins e funcións organízase segundo a seguinte estrutura:

Asamblea Xeral

É o órgano superior de decisión, composta polo/a Presidente/a, e demais membros da Xunta de Goberno e por todas as persoas colexiadas presentes e legalmente representadas.

Xunta de Goberno

Grupos de Traballo

Persoal

1967-2021

Historia do Colexio

 

Esta institución con maís de 30 anos de historia, ten moitos e diversos momentos importantes na súa traxectoria. Destacamos os seguintes, aínda que hai moitos máis.

^
2010 - actualidade
^
25/11/2011

Toma de posesión da nova Xunta de Goberno presidida por Juana María Tubío Ordóñez, tras as eleccións convocadas para o 12/12/2011 e proclamada electa de forma automática ante a ausencia doutras candidaturas.

^
20/11/2013

Toma de posesión da nova Xunta de Goberno presidida por Marta Capeáns Outeiro tras a convocatoria de eleccións para o 10/12/2013 e proclamada electa de forma automática ante a ausencia doutras candidaturas.

^
09/01/2018

Toma de posesión da nova Xunta de Goberno presidida por Miriam Rodríguez Sierra, tras a celebración de eleccións o pasado 21 de decembro de 2017.

^
2000 - 2009
^
06/04/2001

Inauguración do Sede do Colexio Oficial de Diplomados en Traballo Social e Asistentes Sociais de Galicia.

^
02/05/2001

Celebranse eleccións a Xunta de Goberno do Colexio, son as sextas.

^
25/05/2001

Toma posesión a Xunta de Goberno presidida por Pilar Couce Freire.

^
10/03/2005

Celébranse as sétimas eleccións á Xunta de Goberno do Colexio.

^
29/03/2005

Toma posesión a Xunta de Goberno presidida por Pilar Couce Freire. É o seu segundo mandato.

^
05/06/2007

Pilar Couce deixa a presidencia. A Vicepresidenta Mª José Thomas Berbén asume a presidencia e convócanse eleccións (art. 23. Estatutos).

^
5/10/2007

Celebranse as oitavas eleccións a Xunta de Goberno, ás que se presentan dúas candidaturas completas, denominadas Redondas e Thomas. Gañan as eleccións a primeira.

^
25/10/2007

Toma de posesión da Candidatura Redondas, presidida por Mª José Redondas Vallejo.

^
1990 - 1999
^
08/02/1990

Celébranse as terceiras eleccións á Xunta de Goberno do Colexio.

^
09/02/1990

Toma de posesión da nova Xunta de Goberno. A presidenta é Beatriz de la Torre Bermúdez.

^
21/01/1994

Celébranse as cuartas eleccións á Xunta de Goberno do Colexio.

^
10/02/1994

Toma de posesión da nova Xunta de Goberno. A presidenta é Julia A. García Álvarez.

^
07/05/1997

Celébranse as quintas eleccións á Xunta de Goberno do Colexio.

^
23/05/1997

Toma de posesión da Xunta de Goberno. A presidenta é Concepción Rancaño Osorio.

^
1980 - 1989
^
4/12/1981

Ana Mª Rodríguez Seoane é elexida presidenta. Estas son ás últimas eleccións de A.G.A.S. Durante este mandato levase a cabo o proceso de disolver a A.G.A.S. e da constitución do Colexio Oficial de Diplomados en Traballo Social e Asistentes Sociais de Galicia.

^
13/04/1982

Aprobase a lei de creación dos Colexios Oficiais de Diplomados en Traballo Social e Asistentes Sociais e do seu Consello Xeral. Entre este colexios figura o de Galicia.

^
04/10/1982

Acórdase comunicar ó Goberno Civil o transvase do patrimonio e estructura de A.G.A.S. a Colexio Profesional de Diplomados en Traballo Social e Asistentes Sociais, en reunión da Comisión Xestora, e cumprindo o acordado en Asemblea Xeral.

^
01/02/1983

Celébranse as primeiras eleccións á Xunta de Goberno do Colexio. O número de colexiados con dereito a voto é de 167, e o total de votos recibidos foi de 85, dos cales 25 foron de votantes persoais, e 60 foron votos por correo.

^
05/02/1983

Toma de posesión da primeira Xunta de Goberno. A presidenta é Felicitas Rodríguez González.

^
15/12/1984

Celébranse as segundas eleccións á Xunta de Goberno do Colexio.

^
11/01/1985

Toma de posesión da nova Xunta de Goberno. A presidenta é Blanca Rodríguez Pazos.

^
1967 - 1979
^
17/12/1967

Constituese en Santiago de Compostela a Asociación Regional Gallega de Asistentes Sociales. Elixese como presidenta da mesma a Emilia Varela Vila.

^
14/06/1970

Celebranse eleccións á presidencia de A.R.G.A.S., sendo nomeada presidenta Isabel Martínez Lage.

^
28/03/1971

Tras a convocatoria de eleccións resulta elexida como presidenta Mª Elena Urestarazu y Ucín.

^
07/10/1973

Isabel Grandal Nores é elexida presidenta nas eleccións de A.R.G.A.S.

^
25/09/1976

Elixese como presidenta da A.R.G.A.S. a Carmen Sánchez Candelas.

^
04/12/1977

Artemia Dieguez Pérez é elexida presidenta nas derradeiras eleccións de A.R.G.A.S.

^
10/02/1979

Na Asemblea Xeral de A.R.G.A.S. decidese cambiar o nome da Asociación, que de aquí en diante pasa a denominarse Asociación Galega de Asistentes Sociais.

^
25/11/1979

Nas primeiras eleccións de A.G.A.S. é elexida presidenta Emilia Pérez Martínez.